Burela, 26 de febreiro de 2015. En Burela dan comezo as obras de prolongación do martelo que separa as zonas comercial e pesqueira do porto. O investimento ascende a 483.000 euros e o prazo de execución será de 6 meses. O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou a capacidade e o esforzo que está a ter Portos de Galicia co porto burelés.
O rexedor dixo que “hoxe é un bo día para Burela porque arrancan de forma oficial as obras de prolongación do martelo que separa a parte comercial da pesqueira do noso porto. É un día importante porque con estas obras vaise mellorar substancialmente a seguridade na dársena interior”.
González Barcia lembrou que “esta obra foi consensuada entre o sector pesqueiro de Burela, representado pola confraría e máis por Armadores de Burela, Portos de Galicia e o propio Concello. Mantivéramos varias reunións sobre este asunto, fixérase un estudo de olas e de vento por parte dos técnicos de Augas de Galicia para buscar posibles solucións á problemática que presenta a dársena interior do porto de Burela e esta decisión é a que tecnicamente incrementa de forma considerable esa seguridade interior. É unha solución avalada polo propio sector, que se decidiu por esta evidentemente tendo en conta os informes e as suxestións dos propios técnicos que elaboraron os estudos de olas e de vento”.
Para o alcalde burelés “estamos diante dun paso que ten unha enorme importancia, porque supón un investimento por parte da Xunta de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijoo, a través de Portos de Galicia, de 483.000 euros, que xunto cos aproximadamente 100.000 que custou a colocación duns 40 bloques para reforzo do espigón do porto, estamos falando dun investimento importante nun porto que tamén ten unha importancia transcendental para Portos de Galicia, porque convén recordar que o de Burela é o porto pioneiro en canto a primeira venda de peixe fresco”.
José Mª González Barcia indicou que “hai que esperar agora a que nos próximos meses Portos de Galicia encargue a que sería a segunda fase destas obras de mellora da seguridade da dársena interior, que será redactar o proxecto construtivo do martelo que sairá dende as inmediacións de ABSA en dirección precisamente ata este martelo que se vai empezar a prolongar en breve”.
A duración das obras que se comezan a partir de hoxe é de seis meses aproximadamente “e vamos confiar en que o tempo axude para que as obras transcorran con total normalidade”.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para Portos de Galicia: “teño que salientar, unha vez máis, a capacidade e o esforzo que está tendo Portos de Galicia co porto de Burela. Portos de Galicia recoñece a importancia que ten o porto de Burela precisamente con actuacións deste tipo e polo tanto, como equipo de goberno e como alcalde, estamos satisfeitos dos investimentos que Portos está a facer aquí”. Ata Burela se desprazou hoxe o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.
González Barcia anunciou: “ademais nos próximos 15 días está previsto que comecen as obras de reconstrución do faro de Burela, que será exactamente igual que o que o mar nos arrancou hai aproximadamente un ano”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



