Cunha temperatura por baixo dos 0º C, e cun manto de neve por encima do medio metro, os senderistas de Terras de Lourenzá e os de Pasada das Cabras de Burela, fixeron este sábado A Ruta do Vento no concello de Trabada. A pesar do intenso frío e da gran cantidade de neve o día mantívose sen chubascos o que permitiu gozar dun día de sendeirismo e compañeirismo entre os de Lourenzá e os de Burela. Puideron apreciar a beleza das fragas de Cabanela e Vilaformán e gozar das espectaculares vistas desde o alto de Cerrochán. Foi unha ruta moi dura e queremos destacar o titánico esforzo dos máis pequenos, algún de 7 anos, para terminar a mesma: Xavi, Mariña, Kay… Posteriormente, repuxeron forzas no Mesón Camiño Norte de Trabada a base de callos e churrasco. Esta ruta é a primeira do 2015 que compartimos estas asociacións. Nesta ocasión os laurentinos foron os organizadores.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



