Celébrase o vindeiro sábado, 14 de febreiro San Valentín, ou Día dos Namorados, no que se fomenta o intercambio de agasallos entre as persoas amadas. A orixe é confusa, pero a versión máis extendida fala dun sacerdote nacido en Roma polo s.III onde gobernaba o Emperador Claudio III que levou a cabo crueis persecucións ós cristiáns, e sostiña que éstes non deberían casar entre sí, ordeando que os que o fixesen fosen condenados a morte..
Valentín era bispo e, conscente da inxustiza e de que o pobo debía unirse libremente, casaba ás parellas de forma secreta, agasallándoas cunha flor branca que significaba pureza e fidelidade.
Ó ser descuberto foi detido e levado ante Claudio III, que intentou convencelo para que abandonara o cristianismo e se unise ó imperio romano, concedéndolle a cambio o indulto da pena por desobedecer a orde imperial.
Valentín non aceptou e Claudio sentenciouno a morte. Pero antes foi ó cárcere, e neste punto aparece Xulia, a filla do carceleiro Asterio, da cal, se dí, Valentín se namorou. Xulia era cega de nacemento e moi fermosa. O sacerdote faloulle de Deus; ela veo o mundo a través dos ollos de Valentín, e a fe en Deus e a tranquilidade espiritual fixo que un día Xulia poidese ver. Finalmente o santo foi executado o 14 de Febreiro de 271 e soterrado na igrexa de Práxedes, en Roma.
A lenda dí que Xulia plantou unha árbore de almendros con flores rosadas, que hoxe é símbolo de amor e amizade. En 1969.o calendario católico estableceo o día 14 de febreiro como recordatorio do santo.
A mestura de historias, lendas e celebracións convirtiu a data no Día dos Namorados; ogallá, lector amigo, vostede o celebre con entusiasmo pois, según Campoamor:“Todo en amor es triste / mas, triste y todo, / es lo mejor que existe”.Parabéns
Suso Fernández



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



