A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará a ruta do Vento (Trabada) -13,5 km de dificultade baixa- xunto a Pasada das Cabras o sábado 7 de febreiro. A saída está prevista para as 09.45 horas dende o Cantón e ó seu remate a comida terá lugar no restaurante Camiño Norte. O prezo da actividade é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os non socios. Os interesados poden inscribirse ata as 14.00 horas do xoves 5 de febreiro a través do enderezo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou dos teléfonos 982 12 10 06 (Pepe) ou 626 98 69 40 (Javier). A organización advirte de que cómpre levar botas debido á auga.
Lourenzá e Burela a pola Ruta do Vento
Lourenzá e Burela a pola Ruta do Vento
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia