Dentro da programación de OBRADOIROS CON ALMA, un proxecto de colaboración entre os artesáns da Mariña de Lugo, Regal Xunqueira acolle a exposición colectiva de artesanúa “Carnestolendas”. Trátase dunha mostra de Miriam Viveiro, Félix Paz, Estéfano Gudín, Pilar Maravilla, José Rodil, Lucía Catuxo, Regina Lorences e Otero Regal que ten como obxectivo difundir saberes locais coma carpintería de ribeira, cerámica, encaixe de bolillos, alfarería tradicional, torneado de madeira, o oficio de ferreiro, das redeiras…mediante talleres e demostracións en vivo.
Mostra colectiva dos artesáns da Mariña en Regal Xunqueira