Burela, 25 de febreiro de 2015. O alcalde, José Mª González Barcia, mantivo unha xuntanza co novo conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez. No encontro analizaron aquelas cuestións que lle preocupan a Burela e que dependen deste departamento da administración galega.
González Barcia explicou que “o motivo da xuntanza con Román Rodríguez foi para expoñerlle as actuacións que consideramos deberían ser tidas en contas pola Consellería de Cultura e Educación nos vindeiros meses”. E lembrou que “este departamento da Xunta realizou un esforzo importante nos últimos anos con Burela, hai que recordar que este é o terceiro curso no que está a funcionar a extensión da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro en Burela, no IES Monte Castelo, e que se investiron 100.000 euros na renovación da cuberta do CEIP Vista Alegre”.
O alcalde burelés dixo que hai dúas actuacións importantes pendentes: “unha é a cuberta do pavillón do CEIP Virxe do Carme. Este inmoble ten 30 anos e nunca se actuou nesa cuberta, que é de uralita con restos de onduline. O investimento a realizar nesta obra rolda tamén os 100.000 euros e somos conscientes de que a situación económica actual non é fácil. Imos estudar, entre Xunta e Concello, posibles canles de colaboración para que esta obra se poida realizar en canto sexa posible”. O Concello de Burela procederá ao acondicionamento dos vestiarios deste pavillón nas vindeiras semanas, tal e como xa anunciou o equipo de González Barcia hai uns días.
O rexedor engadiu que “o outro asunto pendente é a cuberta do IES Monte Castelo. A unidade técnica de Lugo fará os traballos pertinentes para valorar o seu estado e o importe da actuación a levar adiante”.
O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Burela tamén falaron sobre a Escola Oficial de Idiomas: “nos tres cursos que leva funcionando esa extensión da EOI de Viveiro en Burela a matrícula está a tope. O que lle plantexei a Román Rodríguez é a posible posta en marcha do ensino dun novo idioma coma o alemán ou aquel que sexa máis demandado pola sociedade burelesa”.
“E unha última cuestión da que falamos foi de buscarlle unha solución aos restos do hipocausto romano localizados no ámbito das obras de acceso ao porto. O conselleiro comprometeuse a axilizar este asunto. Eu plantexeille a necesidade desa urxencia na tramitación porque os traballos se retoman de xeito inmediato”, manifestou o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.
Ao encontro tamén asistiu o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



