Santiago, 13 de febreiro de 2015.- O Grupo Parlamentario Popular lembrou que o informe do Tribunal de Contas sobre a fiscalización do Centro Tecnolóxico e Alimentario (CETAL) “non é aínda definitivo”, pois quedan por resolverse as alegacións formuladas por esta fundación pública estatal nas que se nega calquera anomalía na xestión e contratacións realizadas por esta entidade.
Os populares emprazaron a Alternativa Galega de Esquerdas, que demandaba a través dunha iniciativa debatida hoxe na Comisión 7ª da Cámara galega a dimisión do director do CETAL, a esperar a que o actual informe “se eleve a definitivo” para adoptar as medidas que estimen pertinentes.
ESPERAR Á CONCLUSIÓN DO INFORME
De feito, tal e como explicou o deputado popular Jose Manuel Balseiro, “non se trata de eludir ningunha responsabilidade, senón evitar anticiparse” sobre as conclusións dun informe (que ten a natureza de anteproxecto) que poden variar tanto nos feitos descritos como nas recomendacións que formula.
Os populares rexistraron unha emenda na que demandaban “que, unha vez que o informe do Tribunal de Contas sexa definitivo, se teñan en conta todas as súas recomendacións e observacións, se adopten as medidas oportunas para resolvelas, incluída a depuración das responsabilidades políticas pertinentes, se existiran”, proposta que non foi aceptada por AGE, motivando o voto en contra do PP.
O deputado popular denunciou que o deputado de AGE Antón García “non ten personalidade política ningunha, pois durante o debate amosouse disposto a renunciar ao que pedía na súa iniciativa a cambio simplemente de que dimitira o director”. “Non lles interesa a xestión do CETAL ou a súa fiscalización, só buscan unha cabeza de quen lles incomoda”, concretou.
En todo caso, Balseiro quixo insistir en que as contas e os procedementos de contratación do CETAL son auditados todos os anos pola Intervención Xeral do Estado sen que conste observación ou anomalía algunha, e lamentou que non se tivera en conta a súa emenda, “que non restaba un ápice de esixencia”, pois os populares son os primeiros interesados nunha xestión eficaz e transparente deste organismo estatal, en cuxo padroado tamén está presente a Xunta de Galicia.
DEMISIÓN DE LUIS LAMAS
Por outra banda, en relación coa petición de AGE de dimisión de Luis Lamas, o deputado popular lembrou que chegaba tarde, xa que esta persoa presentou a súa renuncia como tesoureiro de CETAL o pasado 24 de xaneiro, un posto que non era retribuído. Balseiro explicou que “Lamas cometeu un erro por el mesmo recoñecido e polo que asumiu a responsabilidade política máis relevante que foi a dimisión, o que non implica que fora o mellor presidente na historia de Sogama”. Ademais, insistiu en que todo este proceso responde a unha discusión ética ou política, pero en ningún caso legal, xa que non existiu irregularidade ningunha.
Os populares tamén lamentaron que AGE aproveite un informe aínda non definitivo do Tribunal de Contas para facer xuízos públicos e condenas e pediulles que reclamen a mesma exemplaridade aos seus compañeiros de formación e, nese senso, lembrou notorias irregularidades das que son protagonistas dirixentes de Esquerda Unida.
Balseiro dixo tamén que “AGE aplica distintas varas de medir segundo lle convén”, e nesa liña lembrou que o propio Tribunal de Contas denunciaba que EU impediu fiscalizar os seus balances e incluso aseguraba, nun informe, que esta formación política non presentou o estado financeiro das súas organizacións territoriais federadas, nin sequera as súas contas de 2007 e outras 12, dun total de 18 requiridas, foron remitidas fóra de prazo.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



