Santiago, 2 de febreiro 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou este luns que os populares galegos promoverán un acordo no Parlamento de Galicia no que se lle demanda á Unión Europea unha mellor defensa dos intereses do sector conserveiro e pesqueiro galego.
Máis en concreto, os populares, someterán a debate e aprobación da Comisión de Pesca e Marisqueo prevista para o vindeiro mércores, unha iniciativa –proposición non de lei- na que censuran que a Unión Europea acorde a supresión dos aranceis que pesan sobre os produtos de Filipinas, sen ter en conta a competencia desleal que estes poden xerar en detrimento da produción conserveira galega e europea.
“Non ten ningún sentido que se dean beneficios arancelarios a Fililipinas cando este país está vulnerando –hai varias sancións neste sentido- a lexislación internacional en materia de pesca ilegal” –subiña Balseiro.
Puro sentido común
Os populares consideran que “esta é unha petición de absoluto sentido común” e así o teñen defendido tanto en Galicia como diante das institucións comunitarias, con distintas iniciativas. Tamén na Cámara galega esperan contar co apoio de todos os Grupos Parlamentarios para darlle máis folgos a unha demanda “compartida polos profesionais do sector da conserva galega”.
A iniciativa do Grupo Popular insta ao Goberno galego a dirixirse á Comisión Europea para que, “no marco do proceso de negociación do tratado comercial con Filipinas, se teñan en conta criterios en defensa dos intereses do sector pesqueiro e conserveiro galego e europeo e, moi en particular, o cumprimento polo país insular asiático dos requisitos para a previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada”.
“Non se pode dar vía libre a Filipinas para que exporte os seus produtos a Europa mentres é responsable de prácticas desleais que prexudican ao sector galego”- insiste Balseiro quen lembra que, Galicia, “potencia mundial no sector do atún en conserva, ten produtos de calidade capaces de competir con calquera país do mundo, sempre e cando esa competencia se realice en pé de igualdade e coas mesmas regras de xogo para todos. Filipinas non cumpre esas esixencias”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



