23.02.2015. O Plan Activamos, impulsado por ABANCA en colaboración coa Deputación de Lugo, permitiu en sete meses a inxección de 23,7 millóns de euros en financiamento ao tecido económico e social desta provincia. O crédito canalizouse a través de pequenos préstamos a pemes e autónomos, familias e corporacións locais de, practicamente, todos os municipios lucenses.
Os datos do primeiro balance deste plan foron presentados este luns en Lugo pola Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez; a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, e o Director Territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez Álvarez. Nestes primeiros sete meses de vixencia do plan, xa se concedeu case o 80% do importe comprometido para todo o ano, que ascende a 30 millóns de euros.
Nove de cada dez créditos tramitados foron con pemes, micropemes e autónomos. O montante total achegado a empresas ascendeu a 17,3 millóns de euros, e o importe medio dos préstamos foi de 31.000 euros.
A maioría das operacións con pemes e autónomos canalizáronse a través de pequenos préstamos para acometer novos investimentos e pólizas de crédito para atender necesidades de circulante. Tamén se tramitaron operacións de crédito para la posta en marcha de novos negocios e creación de emprego e, en menor medida, para obras de mellora enerxética.
Crédito para familias
As familias da provincia de Lugo que recorreron ata agora ao Plan Activamos para obter crédito destinárono, maioritariamente, a financiaren reformas de mellora enerxética e accesibilidade no fogar. Tamén se tramitaron préstamos para adquisición de equipamento tecnolóxico e compra de vehículos eficientes. O importe medio dos préstamos foi de 13.000 euros.
O terceiro segmento ao que se dirixe o Plan Activamos, as corporacións locais e organismos autónomos desta provincia, recibiron máis de 3 millóns de euros durante os primeiros seis meses de vixencia deste programa, que se puxo en marcha en agosto de 2014. Nestes casos, o crédito solicitouse maioritariamente para obter liquidez ou reestruturaren débeda. As corporacións lucenses que se acolleron ata o momento a este plan solicitaron, de media, 250.000 euros.
Lara Méndez, García Porto e Santiago Novoa coincidiron en cualificar este primeiro balance do plan como “moi positivo”, tanto polo elevado volume de operacións tramitadas coma polo destino del crédito, que se dirixiu, principalmente, ao tecido produtivo lucense.
A Vicepresidenta Segunda, tamén responsable da área de Emprego da Deputación de Lugo, destacou que “a través de iniciativas coma esta incentivamos a modernización das empresas da provincia, ó tempo que impulsamos a creación de postos de traballo”. Neste senso, Méndez remarcou o “compromiso” do organismo provincial co emprego, sinalando plans da institución como o Ben Empregado!, co que a Deputación subvenciona a contratación de 248 desempregados lucenses en 221 empresas e organización sen ánimo de lucro da provincia.
García Porto subliñou que “por fin flúe o crédito entre as familias e empresarios de Lugo, crédito ao que antes non podían acceder”. A Deputada de Economía destacou a “relevancia de impulsar medidas de crédito real para potenciar un dos piares da economía da nosa provincia, como o son os autónomos e pemes”.
Santiago Novoa resaltou que este programa financeiro “foi un acerto, porque está cumprindo con creces o seu obxectivo de contribuír ao progreso de la provincia”. “Grazas a este plan, as pequenas empresas, os autónomos, as familias e as corporacións locais de Lugo poden acceder a crédito nas mellores condiciones do mercado”, engadiu o directivo de ABANCA. Novoa anunciou o compromiso da entidade financeira de prorrogar esta iniciativa unha vez esgotado o orzamento inicial.
As modalidades de crédito incluídas no Plan Activamos contan con tipos de xuros moi vantaxosos en relación á oferta bancaria actual, carecen de comisións de apertura, estudo, amortización e cancelación anticipada, e teñen posibilidade de carencia.
O Plan Activamos é froito dun convenio de colaboración entre ABANCA e a Deputación de Lugo, que busca mellorar a competitividade e o desenvolvemento desta provincia galega. ABANCA comprometeu neste plan 30 millóns de euros para financiar, mediante créditos ‘brandos’, pequenos proxectos relacionados co emprendemento e a creación de emprego, a formación, a accesibilidade das vivendas, a extensión das novas tecnoloxías e a eficiencia enerxética.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



