Cervo, 7 de febrero de 2015. O BNG anunciou que o portavoz municipal convidado ao acto, non asistirá á inauguración do gasoducto da Mariña este próximo luns. A formación nacionalista argumenta que ao marxe de valorar positivamente esta infraestrutura, a forma de actuar coa veciñanza expropiada foi avasalladora xa que a esta altura coa obra executada, nin sequera foron resoltas as alegacións e non se coñece canto van percibir polos terreos expropiados nin cando. Ademais critica a forma de actuar da empresa adxudicataria da obra que entrou unas fincas arrasando sen o mais mínimo coidado, desfixo patrimonio propio do concello como sucedeu cunha canle dun muiño no Río Covo, rebentou tubaxes de saneamento sen informar ao concello e non recuperou totalmente as zonas afectadas.
Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, “o presidente Feijoo, o alcalde de Cervo e demais cargos políticos asistentes a este acto de inauguración ademais de facerse fotos de inauguración deberan lembrarse da xente que ten pendentes de resolver alegacións presentadas polos terreos expropiados e nin saben nin canto, nin cando lles van pagar”.
A formación nacionalista en Cervo “valora positivamente a chegada do gasoducto a Cervo e á comarca porque supón un avance na prestación de servizos á veciñanza que poderá acceder ao gas natural e tamén e porque mellora a competitividade na produción de Alcoa, outra cousa é o modo de proceder na expropiación e execución da obra”.
Para o BNG o fin non xustifica os medios, parece que aos dirixentes do Partido Popular encabezados polo presidente da Xunta, úrxelles vender algo en positivo na comarca en época preelectoral pero obvian os problemas das persoas afectadas.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



