Santiago de Compostela, 02 de febreiro de 15. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, lamentou este luns que a viaxe de Feijóo a Bruxelas sexa “absolutamente estéril para a pesca galega”. Lamentou que o presidente da Xunta mantivera unha xuntanza co comisario de Pesca para lembrar que hai tempo que aceptara que non é unha arte prexudicial, abrindo a posibilidade de excluíla das artes de pesca prohibidas.
Lamentou que o anuncio de hoxe de Feijóo “non aporta nada novo”, máxime cando fontes da Comisión Europea xa teñen sinalado que o goberno español renunciara no seu momento a facer alegacións ao regulamento que incluía ao xeito entre as artes de pesca prohibidas, o que permitiría evitar o problema actual.
O responsable socialista advirte que o presidente da Xunta “podería terse aforrado a xestión de hoxe si atopara algún momento na súa axenda para reunirse cos pescadores desta arte de pesca tradicional e mesmo se tivera falado cos eurodeputados galegos, como José Blanco, que xa se reuniu co comisario Karmenu Vella para defender ao xeito”.
Lamentou que o presidente da Xunta “foi hoxe a falar de obviedades sorprendentemente esquecendo os problemas reais que afectan á flota galega, que afronta un ano 2015 con cotas insuficientes para practicamente tódalas pesqueirías, que non poderán obter ingresos para pechar o exercizo con ingresos dignos”.
Critica que “nin o presidente nin a conselleira foron quén de viaxar a Bruxelas a abrir vías de intercambio de cota con terceiros países e acadar mais pesca para a flota galega”. Sorprendentemente, dixo, tampouco tiveron imaxinación suficiente para acadar unha solución para a flota expulsada de Mauritania ou para buscar novas posibilidades de actuación no caladoiro de Marrocos”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



