Viveiro, 17 de febreiro de 2015.- Outorgados este martes os premios do Antroido de Viveiro 2015. Os membros do xurado foron D. José Manuel Moreno Moreno, Seminario Terra de Viveiro; Dª. Dolores Fernández Basanta, Coral Polifónica Alborada; Dª. Cruz Penso Gato, Asociación Cultural Bágoas da Terra; Dª Carmen Dïaz Pérez, Centro comercial Casco Histórico; e D. Jesús Fernández Fernández, Colectivo Chilindrín-Penalba
Secretaria: Rosario A. Basanta Gabeiras.
Despois de presenciar o desfile do Antroido e feitas tódalas deliberacións, a resolución do xurado é a seguinte:
CATEGORÍA INDIVIDUAL:
4º premio 40 € – A vella do carallazo
3º premio 50 € – El romano
2 º premio 60 € – Albañil en crisis
1º premio 70 € – Reina de corazones
CATEGORÍA PARELLAS:
4º premio 50 € – Cazador e presa
3º premio 70 € – Hadas del Bosque
2 º premio 80 € – D. Quijote y Sancho Panza
1º premio 120 € – Manolito Moreno y su muñeco
CATEGORÍA GRUPOS:
3º premio 120 € – Fumigaministros
2 º premio 170 € – Rebeldes o princesa
1º premio 220 € – O curro de S. Roque
CATEGORÍA DE COMPARSA:
3º premio 150 € – A fachenda da parroquia
2 º premio 250 € – Los muchachos de las Loles
1º premio 300 € – Comparsa de los Infieles
CATEGORÍA CARROZAS:
4º premio 200 € – Alborada no xardín
3º premio 300 € – Hadas mágicas
2 º premio 400 € – El corralito
1º premio 500 € – Tal cual Musical Rey León
ESPECIAL Ó HUMOR:
120 € vales de compra del CCCHViveiro: Los payasos de la tele
ESPECIAL A ORIXINALIDADE:
120.00 € vales de compra del CCCHViveiro: De volta a colleita
Axudas carrozas:
200.00 € – Los piratas del alegrín,
200,00 – Tal cual
200.00 – Devolta a colleita
200.00 – Los payasos de la tele
200.00 – Ratón Pérez
200.00 – El corralito
200.00 – Nave espacial
200.00 – A granxas de Geriatros
200.00 – Hadas mágicas
200.00 – Alborada no xardín
200.00 – Barbies
200.00 – A casiña do Tirol


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



