Viveiro, 18 de febreiro de 2015.- Sábado 21: Redrum Producciones. Roedores. RGTA.
Lugar: TPD
Hora: 18.00
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración: 55 min
Público: Infantil 3-12 anos
Autor: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección:Alex Sampayo
Adaptación: Alex Sampayo
Escenografía: Guillermo Carbajo
Deseño son: David Machado
Deseño iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Vestiario: Cloti Vaello
Música: Manuel Riveiro
Elenco artístico: Guillermo Carbajo – Peludiño, o hámster, Sheyla Fariña – Munda, a rata, Carlos Álvarez-Ossoiro – Gato
Texto promocional
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”
“Roedores” é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos… E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demáis.