Lourenzá, 17 de febreiro de 2015.- Unha vez máis a armada de atletismo das escolas volveu con medallas dun campionato galego. Un título autonómico, dous subcampionatos e un bronce ademáis de melloría de marcas na maior parte dos atletas da un balance moi favorecedor e positivo desta nova experiencia.
Brais Díaz Salas, MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE PISTA CUBERTA EN 500 M.L. BENXAMÍN. RIAZOR. 07/02/2015
Brais Díaz, atleta benxamín do Maderas Barcia lograba este pasado sábado subir ó caixón autonómico na proba de 500 metros lisos, realizando un fenomenal rexistro con 1,41,24 e baixando en 4 segundos a súa mellor marca persoal. Ademáis competía en 50 lisos logrando ser 4º da serie con un 9,08.
Carmen García Vázquez, SUBCAMPIONA GALEGA NO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE PISTA CUBERTA EN ALTURA BENXAMÍN. RIAZOR. 07/02/2015
Carmen García conseguía este pasado sábado o subcampionato galego de salto de altura benxamín cun mellor salto de 1,00; empatando coa primeira clasificada pero con maior número de erros nos saltos anteriores. Ademáis participaba na proba de 1000 m.lisos obtendo a 5ª posición da xeral con unha marca de 4,13,95.
Ana Vallines Fernández, SUBCAMPIONA GALEGA NO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE PISTA CUBERTA EN 2000 M.L. INFANTIL. RIAZOR. 07/02/2015
Ana Vallines volve de novo cunha medalla autonómica no fondo galego. A pesar de ser atleta de 1º ano, conseguíu subir ó caixón como subcampiona con un tempo de 7,22,90; mellorando nun segundo a súa marca. Este vindeiro sábado terá unha nova cita, co Cto. Galego de Campo a Través en Ourense.
AINARA RODRÍGUEZ ARES, CAMPIONA GALEGA NO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE PISTA CUBERTA EN 500 M.L. INFANTIL. RIAZOR. 07/02/2015
Exhibición total de Ainara Rguez. como dominadora do medio fondo galego coroándose co título autonómico de 500 metros lisos infantil cun rexistro de 1,28,33 e mellorando a súa marca en 3 segundos; todo esto sendo atleta de primeiro ano. Ademáis, Ainara participaba na proba de 50 lisos, sendo a 7ª máis rápida galega con un rexistro de 7,65 (tiña mellor marca persoal en 7,83). Este vindeiro sábado terá unha nova cita, co Cto. Galego de Campo a Través en Ourense.
RESULTADOS:
BRAIS DÍAZ: (CATEGORÍA BENXAMÍN)
50 M.L. 4º SERIE: 9,08
500 M.L. MEDALLA DE BRONCE: 1,41,24.
MANU RGUEZ.
50 M.L. 6º SERIE: 8,60
500 M.L. 7º SERIE: 1,41,40
AYOUB KHALED:
50 M.L. 6º SERIE: 8,62
500 M.L. 6º SERIE: 1,41,08
AARÓN MILLARES:
50 M.L. 4º SERIE: 8,95
500 M.L. 7º SERIE: 1,58,40
ALEIX DÍAZ:
50 M.L. 4º SERIE: 7,96
500 M.L. 4º SERIE: 1,31,05
IAN MÉNDEZ:
1000 M.L.: 4º XERAL: 3,48,95
LONXITUDE:6º XERAL: 3,06
NICOLÁS ÁLVAREZ:
ALTURA: 5º XERAL: 1,16
LONXITUDE:7º XERAL: 3,46
BRUNO SANTOS:
PESO. 10º XERAL: 6,53
FERNANDO VALLINES:
PESO: 6º XERAL: 7,12
DIANA LASTRA:
50 M.L.: SEMIFINAL – 2ª: 8,69
FINAL : 5ª XERAL: 8,67
500 M.L.: 6ª XERAL: 1,50,94.
AINARA RGUEZ.:
500 M.L. CAMPIONA GALEGA: 1ª: 1,28,33
50 M.L.: 7ª XERAL: 7,65
HIBA BOUYZAR:
500 M.L.: 4ª SERIE: 1,44,06
CARME ALONSO:
1000 M.L. 9ª SERIE: 4,02,74
CARMEN GARCÍA:
ALTURA: SUBCAMPIONA GALEGA: 1,00.
1000 ML: 4ª SERIE: 4,13,95
CLAUDIA IGLESIAS:
1000 M.L.: 7ª SERIE: 4,33,51
ANA VALLINES:
2000 M.L: SUBCAMPIONA GALEGA: 7,22,90
CLAUDIA GRAÑA:
50 M.V: 6ª SERIE: 10,46
MARTA ALONSO:
PESO: 10ª XERAL: 5,29
MARÍA VALLINES:
PESO: 10ª XERAL: 6,78
MENCÍA MTNEZ-SIERRA:
PESO 11ª XERAL: 6,65
CTO. GALEGO XUVENIL E JUNIOR
RIAZOR. A CORUÑA. 08/02/2015
CARMEN LÓPEZ DINIZ:
1500 M.L.: 6ª XERAL:5,52,55
TRIPLE: 5ª XERAL: 9,09




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
