San Cibrao, 16 de febreiro de 2015.- Finalizado o VIII Campionato de España de tiro con arco en sala para as categorías cadete e menores de 14 anos, celebrado en Valdemoro (Madrid) o noso arqueiro cadete Gabriel Galante Briones finaliza sétimo tras ser derrotado en cuartos de final por Josu Illaramendi Alonso, representante da Federación Vasca, e actual Campión de España en Sala Sénior, por un contundente seis a cero nos sets. O nivel de tiro subiu sen dúbida, proba diso son as altas puntuacións conseguidas neste encontro, o actual campión de España Sénior, Josu, lograba situarse ao final das series clasificatorias cunha impresionante puntuación de 584 puntos sobre 600 posibles. Gabriel facíao tan só en oitava posición; sen saíse da súa liña, cunha puntuación media de nove, e un total de 544 puntos. O sábado despois do clasificatorio disputábase o primeiro encontro de sets eliminatorios, tócalle contra o representante Amets Zurbano Ramos da Federación Navarra, pasa cun apertado 7 a 3. O domingo xa ao descansado emprende a segunda eliminatoria en oitavos de final, esta vez contra o representante Andaluz, Raúl Serrano Tenor, ao cal non deixa respiro en ningún momento finalizando o encontro a favor de Gabriel por 6-0, xa no terceiro encontro Josú sería o seu verdugo, no primeiro set Josu non está fino e consegue meter tres noves na liña pegada ao oito, Gabriel coloca as súas dúas primeiras frechas nun nove claro e un dez, con só lograr o nove o set é de Gabriel, pero a cabeza xógalle unha mala pasada e solta de forma estraña cravando a súa frecha no sete, perde o set e a posibilidade de ir por diante, o resto dos sets seguintes son case unha copia exacta do primeiro, van empatados a puntos e é a última frecha, a que lle permitiría a vitoria no set, a que falla. Ao final seis a cero a favor do vasco, Gabriel queda fóra de competición, sabendo que podía terlle gañado.
O seu irmán Ángel mellora a marca con respecto ao pasado ano nesta mesma competición, para menores de catorce anos; se no 2014 lograba os 474 puntos e con iso a praza 37, este ano con 483 puntos só accedía á praza 46.
Non hai dúbida que o nivel subiu moito e que haberá que facer os deberes de cara ao os campionatos de aire libre. A lectura que sacamos tras a actuación de ambos os dous arqueiros é que tiraron ben, pero non foi suficiente para obter as metas marcadas.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
