Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 2015. O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas, ven de cuestionar a viaxe do presidente da Xunta de Galiza, Núñez Feijóo lamentando que o fixera cando todo está decidido. É unha pena, asegura, que non fora ao Parlamento europeo antes de ter rematado o ano para impedir a aplicación do actual modelo de reparto de especies peláxicas como a xarda, que condena a flota galega a desaparición.
Este ano, explica o deputado, dun TAC de 1 millón de toneladas á flota do cerco galego, a maior número de toda Europa, correspóndelle 2.600 toneladas, “unha ruína para o sector sector”. A modo de exemplo, un barco do cerco hai poucos anos podía pescar 8.000 quilos de xarda cada día e agora co novo reparto correspóndelle 3/8/10/25.000 quilos por ano.
Nulo intereses de Núñez Feijóo polos problemas do sector
Por outra parte, o Presidente da Xunta, engade Rodas, tampouco se interesou nin xestionou nada para impedir que haxa un descenso dun 26% nas cotas do xurelo na zona Ciem VIIIc e un aumento do 70% na zona Ciem IXa, cando Galiza é toda unha.
A nosa flota está atravesando unha situación dramática sen posibilidades de poder pescar xarda, nin sardiña e con escasas capturas para o xurelo na zona do cantábrico e sendo literalmente acosada polos corpos de inspección e seguridade. Mentres se afoga o sector, o presidente da Xunta vai de visita coa señora conselleira de Pesca por Bruxelas sen enfrontar ningún dos graves problemas que está a arruinar estas economías familiares.
Feijóo aproveita o camiño iniciado polo BNG en Bruxelas
E dado que o noso presidente non ten rubor en contradicir o que xa ten confirmado a Comisión Europea, por escrito, recoñecendo: “que os contactos celebrados coa delegación de representantes do xeito, “organizada polo BNG o pasado mes de decembro”, foron determinantes para obter información sobre as consecuencias de incluír a esta arte de pesca artesanal na prohibición de redes de deriva e corrixir esta decisión”. E dada a boa disposición do Comisario de Pesca, Feijóo, recalca o nacionalista, puido aproveitar para emendar a “falta de información” que tamén acontece coas actividades pesqueiras desenvolvidas nas augas continentais de Galiza na que existen diferentes artes de deriva como o “trasmallo do Miño”; a “lampreeira”; a “muxileira”, a “varga da solla”, ou a “varga do muxo”, que ata agora ninguén informou de que existen nin a ninguén lle preocupou que poidan prohibirse.
O sector síntese “traizoado” polas decisións políticas de Madrid, Bruxelas e Galiza
O BNG celebra que se teña invitado ao Comisario de Pesca a visitar o noso País, pero estamos escandalizados do “escaso interese” do presidente galego polos graves problemas do sector. “O noso presidente é cómplice na perda de empregos, na destrución de actividade económica e no roubo dos dereitos históricos que temos os galegos a poder pescar e a poder exercer este traballo con dignidade”.
Con esta visita, os armadores galegos, os propietarios de pequenas embarcacións e os traballadores do mar non poden sentirse acompañados polo presidente neste temporal, que non é provocado pola natureza se non polas decisións políticas que se adoptan en Bruxelas, en Madrid e na Galiza. “Sentímonos traizoados”.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



