17 de febreiro de 2015.- Este domingo pasado 15/2/2015 tivo lugar o Campionato de Karate Lugo e Comarcas en idade escolar nas modalidades de kata (formas) e kumite (combates), quedando subcampión na categoría alevín masculino de kata o karateka mariñán Fernando Yanes, que realizou unha excelente actuación ao longo de todo o campionato.
Tamén cabe destacar a final polo terceiro posto na categoría alevín equipos mixto de katas que disputaron o equipo formado por Noa Gudín, Noa Martínez e Fernando Yanes, quedando cuartos na súa categoría.