Foz, 17 de marzo 2015. A Comisión Focega na Defensa da Sanidade Pública decidiu apoiar a mobilización convocada para o 19 de marzo ás oito da tarde no Hospital da Costa de Burela porque compartimos a demanda de contar na comarca da Mariña cunha sanidade pública, universal e de calidade para as mais de 70.000 persoas que vivimos na comarca.
Vemos como se recorta persoal sanitario, como se derivan probas e pacientes a outros hospitais fora da comarca, como se perden prazas de persoal sanitario nos centros de saúde nos que aumentan as listas de espera, como a comarca perde autonomía de xestión para ser dirixida a 100 kms. de distancia por persoas que non entenden nin comparten as características propias da Mariña, que obrigan a seguir contando cun hospital coas características e servizos dun hospital xeral e non comarcal como pretenden desde a actual dirección provincial.
A Comisión comparte a demanda de derrogar o decreto de xestión integrada provincial e reclama a creación dunha área de xestión integrada propia para a Mariña, reclama un cambio nas políticas de recortes en materia sanitaria para evitar o colapso dos servizos en asistencia primaria e especializada e demanda que a administración deixe de alimentar con fondos públicos a sanidade privada en detrimento do sistema público.
Por último confirmamos o noso apoio ao conxunto da táboa reivindicativa que motiva a mobilización do día 19, anunciamos a nosa presenza nesta manifestación e animamos a todo o cadro de persoal da nosa empresa e ao conxunto da sociedade mariñá a apoiala porque na defensa da sanidade pública estamos todos e todas.
Comisión Focega na Defensa da Sanidade Pública
Atilano Fernández























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



