O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentaron este luns a campaña O teu esforzo ten premio en Lugo, a través da que o organismo provincial custeará a matrícula íntegra dos 135 mellores expedientes de BAC, FP e grao do Campus. Destinará 108.000 euros de fondos provinciais para unha iniciativa de captación de talento, que dá continuidade ao plan de choque que Deputación e Universidade puxeron en marcha o pasado para incentivar as matrículas no Campus e fai realidade “outro dos compromisos que adquirimos cos veciños durante a elaboración dos Orzamentos Participativos”, subliñou o Presidente.
O novidoso plan de captación de talento inclúe dúas medidas:
– “Premiaremos aos mellores expedientes de BAC e FP que queiran cursar a súa titulación de Grao no Campus de Lugo, sufragando o custe íntegro da súa matrícula”, explicou Gómez Besteiro. Para iso, a Deputación vai custear os 6 mellores expedientes que se matriculen na convocatoria deste mes de xullo, en cada unha das 15 titulacións de Grao que hoxe ofrece o Campus. Das 6 matrículas gratuítas para cada titulación de Grao, 4 serán para estudantes de BAC, e 2 para estudantes de FP. Polo tanto, 90 estudantes beneficiaranse desta proposta no curso 2015-2016.
– “Imos premiar aos mellores expedientes que se gradúen no Campus de Lugo, sufragando a matrícula gratuíta dunha titulación de Máster no noso Campus”, asegurou o Presidente. A Deputación ofrecerá tres premios para os tres mellores expedientes graduados en cada unha das 15 titulacións do Campus de Lugo entre xaneiro e xullo deste ano. É dicir, en total 45 premios, que consistirán nunha bolsa de matrícula gratuíta para que poidan facer un máster no Campus no curso 2015-2016. Dentro do desenvolvemento curricular do máster, en colaboración co departamento correspondente da Universidade, as persoas premiadas con este plan de captación de talento colaborarán con diversos departamentos da Deputación, como o Centro de Recría ou o Centro de Interpretación das Reservas da Biosfera.
En total, as dúas iniciativas supoñen para a Deputación un desembolso de 108.000 euros e beneficiarán a 135 mozos. Os estudantes que xa teñan a matrícula gratuíta por outra razón non gozarán desta axuda, que pasará á seguinte persoa.
Os resultados do plan de choque
Pola súa banda, o Vicerreitor do Campus agradeceu “esta nova iniciativa da Deputación”, que reforza as accións do plan de choque que o organismo lucense e a Universidade puxeron en marcha o pasado ano, cunha dotación de 500.000 euros do Orzamento provincial, e que “será máis efectiva porque a planificamos con máis tempo”.
Neste senso, Javier Bueno destacou que o plan de choque “rompeu coa tendencia” de baixada que experimentaba o Campus nos últimos anos “coa promoción de Lugo como cidade universitaria, destacando as súas fortalezas”. Segundo informou o vicerreitor, as primeira matriculacións pasaron de 677 no curso 2013-2014 a 741, neste 2014-2015. No caso das 7 titulacións con menor demanda, cuxa primeira matrícula a Deputación financiou nun 50%, o incremento foi dun 40%, pasando de 137 a 191.
Destaca a subida de graos como o de Ciencias da Cultura, que pasou de 12 a 45 alumnos. A Deputación continuará este curso 2015-2016 con esta liña de financiamento do 50% da matrícula das titulacións do Campus con menor demanda.
Tamén deu bos resultados a campaña para promover cursos de verán, pois, segundo Javier Bueno, hai 25 propostas preseleccionadas para esta tempada –na actualidade en fase de resolución-, fronte ás entre 13 e 15 do pasado ano, o que supón un incremento do 70%.
A creación da figura do coordinador do programa ponte do Campus supuxo que 500 alumnos de ensino medio pasasen entre os meses de febreiro e marzo polas facultades lucenses, o dobre que o ano pasado. En canto ao plan de captación de estudantes doutras nacionalidades deu como resultado un aumento do 13% no número de mozos estranxeiros que cursan titulacións en Lugo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



