O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, presentaron este luns a 2ª edición do Ben Empregado!. Trátase do 4º macroproxecto de creación de emprego que a Deputación ofrece aos lucenses nos últimos catro anos para xerar outros 350 postos de traballo na provincia. Gómez Besteiro subliñou que “o feito de que non teñamos competencias directas na materia non será nunca unha escusa para non actuar, posto que a obriga legal de calquera administración é satisfacer as necesidades dos cidadáns. E así o estamos a facer, porque foron ademais os propios veciños os que nolo pediron durante a elaboración dos Orzamentos Participativos, cando un 42% deixaron claro que o emprego é absolutamente prioritario”.
“Xa anunciaramos que, á vista do enorme éxito da primeira edición do Ben Empregado!, que superou amplamente calquera expectativa, pois recibimos solicitudes de 395 entidades e 3.297 lucenses desempregados; lanzaríamos unha segunda edición do programa. Como o noso desexo é chegar ao maior número de desempregados posible, nesta edición aumentamos o investimento con respecto á primeira, pasando de 4,4 millóns a 6 millóns de euros, o que permitirá a participación de aínda máis empresas e máis lucenses desempregados, ata chegar a crear eses 350 postos que lles comentaba”, remarcou Besteiro.
Emprego de calidade e axeitados ás necesidades
O organismo provincial subvencionará novamente ás empresas a totalidade dos custes salariais e de Seguridade Social dos traballadores durante un ano, con achegas de ata 22.000 euros por persoa, sendo a maior axuda que concede unha administración en Galicia para fomentar a contratación do persoal. “Serán empregos de calidade, porque as entidades beneficiarias terán a obriga de incorporar cláusulas sociais en todos os contratos, blindando os dereitos dos traballadores. E serán tamén axeitados ás necesidades reais da provincia, unindo directamente a oferta coa demanda logo de escoitar aos tecidos asociativo e empresarial”, salientou o Presidente.
Prazos e criterios
O Ben Empregado!2 xa comezou, pois o venres pasado a Xunta de Goberno da Deputación aprobou as bases. Estas publicaranse maña no BOP. O mércores 1 de abril abrirase un prazo de 15 días naturais para que as entidades interesadas presenten a documentación. Estas poderán ser autónomos, PEMES, CBS, asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro. A Vicepresidenta Segunda explicou que o primeiro paso será a selección destas entidades e asociacións, que se realizará novamente polo procedemento de concorrencia competitiva. Para iso, unha Comisión Técnica de Valoración será a encargada de puntuar todas as solicitudes en función dos criterios sinalados nas bases, entre os que están, por exemplo: o número previo de traballadores cos que conten as entidades, puntuando máis alto aquelas que conten con menos persoal; o seu domicilio fiscal, dando maior puntuación ás que o teñan en Concellos de menos de 5.000 e 2.000 habitantes; ou o grao de compromiso para continuar os contratos posteriormente, “de xeito que tamén contribúamos a favorecer aínda máis a estabilidade laboral”.
Perfís
As entidades beneficiarias poderán contratar ata un máximo de 2 persoas para que o reparto sexa o máis regular e equitativo posible. Serán as propias entidades beneficiaras as que determinen os perfís dos traballadores, atendendo a criterios non sexistas e non limitando a idade que deben ter o persoal. Ademais, tampouco se poderán ser seleccionados ningún traballador que nos últimos 6 meses tiveron relación contractual coa entidade beneficiaria, a excepción de aqueles traballadores afectados por procedementos de regulación de emprego.
Unha vez determinadas as entidades beneficiarias, a Deputación iniciará a selección dos desempregados mediante convocatoria pública, os cales só terán que cumprir un requisito: ser desempregados.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



