Cervo, 30 de marzo de 2015- O Concello informou este luns de que xa comezaron os traballos para colocar as novas placas cos nomes das rúas encargadas á fábrica de cerámica de Sargadelos. Ademais, xa está instalado o novo escudo da Casa do Concello, que tamén foi deseñado e elaborado na factoría cervense e que luce na fachada principal. Este elemento substitúe ao anterior escudo, que se atopaba deteriorado, e que conta cun deseño diferente, composto por 55 placas de azulexo e unha dimensión total de 154×110 cm.
No caso das placas das rúas, vanse colocar 175 novos deseños en San Cibrao, Cervo, Río Covo e Lieiro. Uns traballos que se realizarán por zonas e que levarán tempo xa que se trata de tarefas moi minuciosas e dun elevado número de láminas. Cada unha das placas está composta de 4 azulexos en tinta de azul cobalto co nome da rúa e o escudo do Concello. Cabe destacar que ademais de renovar as actuais vanse colocar outras novas nos casos de rúas longas que precisan máis dunha ou de vías que non tiñan.
A colocación das placas é a última fase deste proxecto que comezou hai máis de medio ano e que incluíu un traballo continuado coa factoría Sargadelos, facendo probas, avanzando os esbozos e supervisando a corrección dos nomes das rúas. Ao mesmo tempo, o Concello contactou cos propietarios das casas ou edificios nos que se van colocar as placas para informalos desta medida e solicitar permiso.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Zona Rual, José Ramón Soto comprobaron o desenvolvemento dos traballos e destacaron que o resultado “vai ser unhas rúas moi nosas, cuns deseños pensados, creados e realizados no noso concello e para os nosos veciños”. O edil asegura que dende o principio “tiñamos claro que se unha empresa tiña que elaborar as placas das nosas rúas era unha factoría asentada no noso concello, con décadas de tradición e ligada á nosa historia e á nosa cultura como é Sargadelos”.
Desta forma, Soto explica que “nunha mesma actuación cumprimos varios obxectivos fundamentais, como son dar unha nova apariencia ás nosas rúas cuns deseños identitarios, exclusivos e unificados”, pero ao mesmo tempo “que representan ese estreito vínculo que existiu sempre entre o noso concello e a cerámica de Sargadelos” sen esquecer a aposta do Concello por “apoiar o nome e a marca Sargadelos como unha empresa clave para o municipio pero tamén para toda Galicia”.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



