A Mariña, a 18 de marzo de 2015.- Logo da reiterada reclama de Mariñapatrimonio, ADEGA e doutras 6 organizacións culturais para poder desenvolver un plan de recuperación do forno romano de Esteiro situado no espazo protexido das Catedrais, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vén de comunicar telefonicamente que autorizará de forma urxente a intervención solicitada polas entidades solicitantes e do grupo de profesionais destinados a tal labor no xacemento arqueolóxico. A comunicación foi realizada un días despois de anunciar públicamente a realización dun roteiro pola zona que trate de poñer en valor a importancia deste xacemento e chamar a atención sobre o risco que ten de desaparecer se non se actúa de inmediato.
As diferentes asociacións que respaldamos o Proxecto Arqueolóxico para o Estudo e Protección do forno romano de Esteiro queremos expresar a nosa satisfación pola resposta da Xunta e do Servizo de Costas, ao tempo que valoramos moi positivamente a reacción das administracións competentes ante as demandas da sociedade civil que, consciente da importancia que ten este patrimonio, reclama a súa protección.
Por outro lado, o departamento autonómico competente na protección do Patrimonio Cultural tamén nos avanzou que vai poñer en marcha medidas eficientes de coberta e protección do sitio arqueolóxico de Estabañón, unha vila-factoría romana que se atopa na praia da Area de Viveiro. A situación de deterioro que está a sufrir estoutro xacemento da Mariña tamén foi denunciada ante a Dirección Xeral recentemente por Mariñapatrimonio, ADEGA e o colectivo “Pensamento e Sementeira”, polo que nos congratulamos de que finalmente neste caso a Xunta e o Servizo de Costas tamén atendan as nosas súplicas.
A esta lista de boas novas comunicadas de xeito oficioso pola D.X. de Patrimonio Cultural, súmase a intención do departamento de avaliar e comprobar o estado no que se atopan todos os xacementos arqueolóxicos costeiros da Mariña.
Para dar conta destes feitos que cualificamos de moi positivos para o noso patrimonio arqueolóxico e para informar sobre o roteiro do día 22 polos xacementos arqueolóxicos da costa, mañá xoves, 19 de marzo, Mariñapatrimoino organiza unha charla informativa na Casa das Letras de Ribadeo ás 20.30 horas, baixo o título “As Catedrais, tamén xacemento arqueolóxico”. Nesta cita, darase cumprida información sobre os valores patrimoniais do forno romano de Esteiro, a canle e as vetas auríferas das Catedrais, así como da presenza de varias minas romanas na Mariña lucense.
Así mesmo, lembramos que o vindeiro domingo 22 de marzo oito organizacións realizarán un roteiro por todos os xacementos arqueolóxicos mencionados e por outros da comarca ao que xa se apuntaron máis dun cento de persoas. Neste roteiro tamén informaremos sobre as últimos compromisos adquiridos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



