Burela, 10 de marzo de 2014. Comezou a implantación da administración electrónica no Concello burelés. O alcalde, José Mª González Barcia, agarda que a vindeira semana xa non saian documentos en papel desde as dependencias municipais. E subliña a eficacia, a eficiencia e a axilidade que suporá esta medida.
O rexedor sinalou que “levamos desde a semana pasada coa posta en marcha da administración electrónica no noso Concello. Non é algo que sexa inmediato, porque conlevará un proceso de formación e aprendizaxe por parte das persoas que traballan en calquera tipo de función administrativa”.
González Barcia pídelles disculpas “aos veciños e ás veciñas de Burela porque igual non se vai coa celeridade habitual. Estamos seguros de que saberán entender esta situación. A posta en marcha da administración electrónica busca unha maior eficiencia, eficacia e axilidade na tramitación dos expedientes e iso redundará no beneficio de todos. Agardamos que se implante coa maior brevidade posible”.
O alcalde engadiu: “agardamos que teñan paciencia e agardamos tamén que a partires da vindeira semana non saian documentos en formato papel desde o noso Concello. Só sairán en formato dixital e en papel só nos casos nos que sexa imprescindible”.
Para José Mª González Barcia este sistema facilita moito as cousas: “nos poucos días que levamos traballando con el xa notamos a eficacia que supón”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



