Con motivo do “Día Internacional da Muller Traballadora” a Escola Infantil de Xove organizou varias actividades. Por unha banda, durante a semana, os nenos e nenas da gardaría colaboraron na realización dun mural en forma de lazo, feito con bicos, co lema “TODAS AS MULLERES MERECEN UN BICO”. E, por outra, este venres 6 de marzo pola mañá, os nenos e nenas foron visitados por unha nai traballadora que lles contou o conto de “ROSA CARAMELO”, que transmite valores de igualdade, evitando os esteriotipos e os roles asociados a cada sexo.
