O Concello de Cervo colabora en diferentes actividades nesta fin de semana. Por unha banda, o sábado 7 de marzo terán lugar os bautismo de mergullo na piscina de Lieiro a partir das 10.00 horas organizados polo CAS Costa Lugo. E, con motivo do Día da Muller Traballadora, celebrarase na Casa do Mar a partir das 17.30 horas o café bombón e posterior photocall e exhibición de tai-chi antes do monólogo de Carmen Conde previsto para as 18.00 horas. E, na Casa da Cultura, actuarán Dayami Andux e Daniel Adzemian “Antoloxía da canción hispanoamericana” a partir das 20.00 horas. Xa no restaurante Buenavista, terá lugar a partir das 22.00 horas a cea de mulleres. Despois das 00.00 horas haberá baile na Casa do Mar. Xa para concluír a fin de semana, o domingo 8 de marzo, terá lugar na Praza dos Campos a inauguración dunha escultura sobre a muller nun acto homenaxe á muller organizado pola Asociación Mulleres de San Ciprián.






















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



