O Ribadeo fíxose cos 3 puntos no derbi provincial tras dar a volta a un marcador adverso.
Hugo marcaba para o Racing Club Vilalbés no minuto 15 aproveitando un balón parado. O Ribadeo comezou a responder con gran xogo no centro do campo ata que no minuto 29 chegaba o gol do empate. Criss remataba de cabeza unha falta que sacaba dende a dereita Rafa Casanova. E, de novo tras un centro de Rafa Casanova, Javicho marcaba para os celestes 3 minutos despois. Co 2-1 marchábanse ó descanso.
Xa na segunda metade o marcador non se movería. Os de Germán e Vilachá souberon defender os tres puntos, mentres os de Óscar Gilsanz procuraban o empate, sobre todo, nos últimos 10 minutos do partido.