Fabián Pérez.-Non hai nada mellor para chamar a atención da xente ca realizar un acto que rompa coa monotonía e salla do absurdamente concebido coma ‘normal’. No ámbito político esta afirmación non perde peso, gáñao máis ben debido ao continuo axexo dos medios de comunicación.
Hai tres semanas que a executiva local do PSOE anunciaba en rolda de prensa o nome da persoa que supliría a Eduardo Gutiérrez coma candidato á alcaldía da vila. E o secretario xeral dos socialistas, Víctor López, non miraba ao banquiño para dar entrada a un home habitual das convocatorias. Non. Continuando coa metáfora futboleira, o elixido era un recentemente fichado: unha ‘bomba mediática’ propia do mercado de inverno do deporte rei.
Roberto Ramos (45), recentemente dimitido coma presidente de ACISA, apareceu ante os micrófonos coma o novo alcaldable polas filas socialistas. A filtración, un día antes, de que o PSOE contaba cun conocido empresario para liderar a súa lista xerara expectación entre os ribadenses, que especularon sobre a posible identidade do ‘tapado’.
Aínda que no acto Ramos apelou ao traballo en equipo para representar unha “alternativa de goberno real”, ben é certo que o obxectivo desta presentación era pórlle unha cara e un nome propio á candidatura do PSOE ribadense. Un partido que, pese á condición de local, non vive alonxado da caída de popularidade das súas siglas en tódolos niveis administrativos do Estado.
Escoller ao home que liderou a asociación de comerciantes e empresarios ribadenses no último ano –e formado parte da súa directiva os dous anteriores– non pode ser calificado de erro. Polo menos, inicialmente. No ámbito local, Roberto Ramos é un dos poucos ribadenses –a pesar de nacer en Lugo, leva vinte anos residindo na vila– que calquera partido querería ter liderando a súa lista hoxe en día para intentar superar ao BNG. Un BNG que, ata o 24 de maio, poderá sacar músculo grazas á súa xestión e á falta de oposición, aínda que esta copla queda para outro día.
E esta é unha afirmación focalizada nun contexto de política local. Respectando tódalas opinións –baixo pseudónimo ou non–, o feito de que un empresario lidere as filas socialistas nun concello de pouco máis de 10.000 habitantes non fará tremer os pilares da sede estatal de Ferraz.
O problema do PSOE hoxe en día dista moito dos candidatos a nivel local. Matizando, dista moito dos novos candidatos que nada teñen que ocultar, senón máis ben que veñen a “sumar, traballar e, en definitiva, a aportar”, como sinalou Ramos na súa presentación. Por iso, creo que pechar as portas a novas caras que comulguen cunhas siglas no nivel municipal sería ir en contra da liña que está a seguir Pedro Sánchez. Semella esta elección, polo tanto, unha decisión máis que acertada dos socialistas xa que, dadas as condicións actuais da política local, as cartas da baralla serán máis importantes ca nunca. Por iso, o PSOE comprendeu a situación e tirouse á piscina elixindo a Roberto Ramos.
Pouco despois do seu nomeamento, o candidato agradeceu a confianza do partido dimitindo coma presidente de ACISA; un acto de responsabilidade que, visto con bos ollos pola sociedade ribadense, debería ter eliminado calquera intento de desacreditación cara a súa figura.
Pero non gaña en política só quen ten boas cartas senón tamén quen sabe xogalas. Falta por definir unha lista electoral –na que se entrevé a presenza dalgún outro empresario– e comezar a se facer un oco tanto nos medios de comunicación coma nas tertulias dos bares, dos parques, das prazas e, se me apuran, ata das igrexas do Concello.
Roberto Ramos é licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade da Coruña. De competir e traballar, polo tanto, sabe un cacho. Así que se a piscina á que se acaba de lanzar o PSOE está chea, veremos se o ex presidente de ACISA pode coordinar a un equipo enteiro para superar esta importante proba que atañe a tódolos ribadenses. Experiencia en piscinas, ademais, tampouco lle falta.
Fabián Pérez



















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



