Lourenzá, 23 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia adxudicará nos vindeiros días as obras de mellora do saneamento ao núcleo de Requeixo, en Lourenzá, o que permitirá iniciar os traballos no mes de xuño para rematalos dentro deste mesmo ano. Así llo confirmou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, á alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, na reunión de traballo que mantiveron.
O Goberno galego realizará un investimento de case 340.000 euros en actuacións de saneamento no Concello de Lourenzá.
A conselleira de Medio Ambiente explicou que a primeira actuación a acometer prevé dotar ao lugar de Requeixo dun sistema de saneamento similar ao xa existente nos núcleos de Santo Tomé e San Adriano, que teñen a súa rede conectada á depuradora de San Xorxe. Neste sentido, as accións previstas resolverán as carencias actuais en infraestruturas hidráulicas, xa que Requeixo está vinculado, principalmente, á actividade agrícola, e a día de hoxe só conta cun sistema de saneamento baseado en fosas sépticas individuais.
O proxecto contempla a construción dunha rede de saneamento de tipo separativo que recollerá as augas residuais no núcleo de Requeixo, constando nove colectores que conectarán coa EDAR de San Xorxe e unha infraestrutura de tubaxes de case tres quilómetros de lonxitude.
Ethel Vázquez sinalou que esta actuación permitirá optimizar as infraestruturas de saneamento existentes porque a EDAR de San Xorxe pasará a depurar as augas de tres núcleos.
A responsable de Territorio indicou que se trata dunha obra de gran relevancia, xa que dotará a Requeixo dun sistema de saneamento axeitado, que incidirá na mellora da calidade ambiental da zona e nun maior benestar dos seus veciños.
Por outra parte, Vázquez explicou que o seu departamento tamén iniciará no verán unhas obras para optimizar o funcionamento da depuradora de San Xorxe, o que repercutirá na eficacia das actuacións para o núcleo de Requeixo e os demais conectados a esta EDAR.
Estas accións, que consistirán en elevar a citada infraestrutura hidráulica, dada a súa situación en terreos inundables, levaranse a cabo no verán por mor da necesidade de execución en condicións climatolóxicas favorables.
A Xunta de Galicia achegará un importe de máis de 30.000 euros para realizar estes traballos que evitarán os asolagamentos que se veñen producindo, sobre todo nos invernos, en época de chuvias.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



