Burela, 18 de marzo de 2015. O presidente da Xunta, Alberto Núiñez Feijóo, asegurou en Burela que a ampliación do Hospital da Costa se licitarán neste ano 2015, cun investimento inicial de 14 millóns de euros. O titular do executivo presentou o plan director do centro hospitalario. Ao acto asistiron diversas personalidades políticas e sanitarias.
No seu discurso o alcalde de Burela, José María González Barcia, subliñou que “hoxe é un día transcendental para a comarca da Mariña e máis concretamente para o Hospital da Costa”.
Discurso íntegro
“Permítaseme, en primeiro lugar, darlle a benvida a Burela como alcalde e representante de todos os cidadáns deste concello. Benvida que faigo extensiva á Sra. Conselleira e demais autoridades asistentes.
Hai trinta e cinco anos, un grupo de persoas matinou na idea de facer un hospital na Mariña. Non era algo doado, xa que esta comarca estaba lonxe dos centros de toma de decisións, e as comunicacións eran sensiblemente peores ca na actualidade. Pero a forza de tesón e traballo, e da colaboración desinteresada de moitos cidadáns de toda a comarca, que mesmo os propietarios das fincas onde agora estamos as deixaron a prezos simbólicos, foi posible, anos despois, abrir este Hospital, o Hospital da Costa.
Un centro sanitario que pouco a pouco, grazas ós profesionais que por el pasaron e ós que actualmente están, foi medrando en carteira de servizos, facendo que este hospital, que naceu como comarcal, subise algún pasiño máis nun hipotético escalafón.
Un hospital que a poboación, toda a poboación, sen exclusións, sente como seu, algo lóxico dado que a saúde é o ben máis prezado das persoas, e por aquí, nos guste ou non, ó final todos polo mesmo motivo, temos que pasar.
É certo que este Hospital se ten quedado pequeno. Pero tamén é certo que ante esa situación, e a lóxica aspiración da poboación de ver melloradas as súas instalacións, instalacións que lle permiten acceder a unha mellor saúde, hai diversas formas de posicionarse.
Por iso, a principios da década pasada, no amencer deste século, se fixo a primeira ampliación deste Hospital. E foi levada a cabo por un goberno da Xunta presidido por D. Manuel Fraga Iribarne, cun investimento de 3M€. Primeira ampliación e hasta o de agora, non esquezamos o dato, única.
Escapando da reivindicación sistemática que solo olla ó pasado (enorme erro, por outra parte), hai que recoñecer que un servidor público que se prece debe facer un análise rigoroso da situación. E tendo en conta a difícil situación económica que se atravesa, a intelixencia aconsella primeiro entender as aspiracións da cidadanía, porque ese paso traerá o feito de compartir esas aspiracións, comprometerse logo a traballar para logralo e estudar solucións para esas aspiracións, e posterior e finalmente atendelas na medida das posibilidades.
Pois ben, entender as aspiracións da cidadanía, compartilas, comprometerse con elas e atendelas en función dos recursos, é o que está facendo a Xunta de Galicia co seu presidente ó fronte.
E isto, do que houbo mostras nestes últimos dous anos, provoca un salto cualitativo importante, moi sinalado, no día de hoxe. Porque é o propio presidente da Comunidade Autónoma quen, aquí, no propio Hospital, no corazón da Mariña, refrenda públicamente o compromiso del mesmo e do seu goberno con esta comarca e con toda a súa poboación, e aporta solucións no que a este Hospital se refire.
Vostede, Sr. Presidente, xunto coa súa Conselleira de Sanidade e o conxunto do seu goberno están impulsando a segunda ampliación deste Hospital, ampliación que vai supor un antes e un despois na vida deste Hospital e do seu funcionamento, e tamén un antes e un despois da sanidade pública, como ten que ser, desta comarca, e que repercutirá favorablemente en todos os seus cidadáns.
Por iso, Presidente, moitas grazas unha vez máis por estar hoxe aquí, porque a presenza do Presidente da Xunta e da súa palabra neste salón de actos son compromisos firmes adquiridos co conxunto da cidadanía e con este Hospital.
Compromisos dos que, por certo, moitos non tiñamos ningunha dúbida.
Xa que logo, hoxe é un día transcendental para a comarca e máis concretamente para o Hospital. É un día no que se pon de manifesto, ademais de todo o indicado, un novo compromiso coa sanidade pública, que o sitúan lonxe, moi lonxe, das frases rancias e reiterativas que sempre, e agora máis, careceron de sentido.
Compromiso coa sanidade pública de carácter universal e con máis e mellores recursos. Permítaseme dicir que neste Hospital non se nota en falta nada do que xa houbera, a pesares de todos os pesares e de teimas de algúns. Como alguén dixo, o Hospital non ten rodas.
Este é un día moi importante, porque aquí se concreta a ampliación deste Hospital. E por iso, porque é importante para toda a comarca, para toda, quizais algúns deberan ter optado por estar aquí, esquecerse do pasado, e facer como fan os servidores públicos que actúan con sensatez e rigor, traballar no presente para mellorar o futuro. A inmensa maioría, Presidente, non o dubides, estamos aquí, traballando no presente e ollando ó futuro para melloralo.
Por último, estamos ante un grande investimento da Xunta de Galicia en Burela e na comarca, un dos retos máis importantes que ten asumido nesta comarca a Xunta de Galicia na súa historia. Os feitos son tercos e son os que son, e cando son evidentes, serán opinables, pero nada máis.
Hoxe todos, entendo que deberíamos de ser todos, sumamos unha alta dose de ilusión para culminar este reto da ampliación do Hospital.
E estou seguro, Sr. Presidente, non teño a menor dúbida, e creo falar en nome de moitos cidadáns de ben desta vila e desta comarca, estou seguro, dicía, que máis cedo ca tarde Vostede estará aquí, unha vez máis, para colocar a primeira pedra da ampliación do Hospital. Conte con que o acompañarán todas estas persoas que hai hoxe aquí e moitas máis que se sumarán porque xa terán percibido que o labor dun político é de cumprir coa súa palabra, facer o que di, en definitiva, entender, compartir, comprometerse e atender ós cidadáns. Que é o que fai Vostede xunto co seu goberno. Moitas grazas”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



