Santiago, 28 de marzo de 2015.- A nova edición do Festival Mondoñedo é Poesía encherá as rúas e outros espazos singulares do municipio lucense de recitais poético-musicais para poñer en valor a creación literaria galega e mindoniense de hoxe e de onte. Para iso contará coa participación de escritores e de músicos como Yolanda Castaño, Luz Pozo Garza, Chus Amieiro, Baldo Ramos, Eduardo Estévez, César Morán, Miro Casabella e Caxigueiro, que converterán Mondoñedo na capital galega da poesía o vindeiro día 1 de maio.
Promovido polo Colectivo Mondoñedo É… e mais pola Asociación As San Lucas, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación, o festival arrancará a súa segunda edición ás 18 horas, cando dará comezo un recital poético a cargo de Chus Amieiro, Conce Agrelo, Eduard del Castillo, Eduardo Estévez, Baldo Ramos e Alexandro Lago, gañador do XV Premio de Poesía Díaz Jácome. As súas voces guiarán o percorrido literario que, durante unha hora, percorrerá Mondoñedo desde a praza da Catedral ata a praza Jaime Cabot, previo paso pola praza do Concello.
A continuación, o auditorio municipal Pascual Veiga será o escenario do recital poético-musical que ofrecerán os e as escritoras Luz Pozo Garza, Lois Pérez, Yolanda Castaño, Eduard del Castillo, Eduardo Estévez, Baldo Ramos e Aleixandro Lago Barcala, acompañados polos músicos César Morán, Miro Casabella e Arcadio Mon. O audiovisual tamén estará presente nesta cita literaria cunha videocreación poética de Caxigueiro.
O Festival Mondoñedo é Poesía ten como principal finalidade achegarlle a poesía a todos os públicos, poñendo en valor o patrimonio literario mindoniense, en particular, e o galego, en xeral. Para iso recupera figuras como Álvaro Cunqueiro, Xosé Díaz Jácome, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela e outros moitos poetas nacidos ou formados en Mondoñedo, ao tempo que serve para difundir e dar a coñecer nomes da literatura galega actual que cultivan a poesía.
No festival, que reafirma Mondoñedo como un referente cultural, tamén terá cabida a creatividade dos máis novos. Alumnos e alumnas de centros escolares do concello e a contorna amosarán os seus traballos poéticos no ‘Tendal da poesía’ que se amosará no auditorio, onde tamén se instalarán algunhas librerías con obras dos escritores e escritoras que participan nesta nova edición do festival.
Apoio aos escritores e á creación literaria
Ademais da súa colaboración con iniciativas como o Festival Mondoñedo é Poesía, no ámbito da difusión e promoción literaria a Consellería de Cultura e Educación vén favorecendo a creatividade en galego co seu apoio a diversos certames, como os premios de poesía Concello de Carral, Afundación, Gonzalo López Abente, Xosé M. López ‘Ardeiro’ e Eusebio Lorenzo Baleirón, xunto co Premio de Narrativa Breve Repsol para escritores en lingua galega.
En 2014, a Secretaría Xeral de Cultura tamén contribuíu á creación dun novo certame organizado de forma conxunta pola Xunta de Galicia, o Con¬cello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra, o I Certame de Relato Breve Nélida Piñón. Ademais, colabora anualmente coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e co Centro PEN Galicia para a realización de actuacións de fomento da literatura galega e a difusión dos seus autores e autoras.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



