Co motivo do inicio das actividades de Robótica educativa e Arquitectura para Pícar@s, MAUmarela quere invitar aos rapaces e rapazas que o desexen a participar nunha sesión gratuíta que se levará a cabo nas instalacións do centro (R/Rodríguez Murias, 8, 1º) en Ribadeo este sábado 14 de marzo en sesión matinal (a partir das 11.00 horas) e de tarde (a partir das 17.00 horas).
No curso plantexado e programado por MAUmarela os rapaces e rapazas asistentes aprenderán a programar con Scratch e serán capaces de facer os seus propios videoxogos, materiais didácticos, videos e programar robots.
En Arquitectura para Pícar@s, os/as participantes aprenderán conceptos relacionados co espazo, as construcción, a física a xeometría, o urbanismo e a historia da arquitectura a través do xogo en talleres nos que terán que construir, deseñar e buscar solucións a todos os problemas que lles podan xurdir.
Inscricións
Para apuntarse só hai que enviar un whatssap ou chamar aos números 630 127 576 ou 635 590 560 para poder confirmar a súa asistencia.