Lugo, 13 de marzo de 2015. O Museo Provincial de Lugo acollerá este sábado o recital foto-poético Os Camiños da Brétema, co que 18 escritores e escritoras queren chamar a atención sobre o despoboamento do rural galego nun acto que incluirá tamén música ao vivo sobre unha selección de imaxes do fotógrafo cántabro asentado na Pontenova Vicente Ansola.
O acto, que terá lugar no refectorio do Museo de Lugo a partir das 18:00 horas, conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación, que xestiona o nacionalista Mario Outeiro, e do Museo Provincial de Lugo; así como do colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar, que dirixe María José Fernández. As fotografías de Vicente Ansola permanecerán no Museo Provincial até final de mes.
Pode situarse na década dos cincuenta o punto de partida dun proceso de despoboamento dos núcleos rurais galegos que continuou ata hoxe, deixando un saldo de máis de 3.000 aldeas deshabitadas, o 50% das aldeas abandonadas de todo o Estado. “É neste contexto no que xorde a idea de levar a cabo o proxecto de intervención foto-poética Os Camiños da Brétema, que integra nun único corpo a fotografía de Vicente Ansola e a poesía dun total de 18 poetas que formamos parte do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar”, explica María José Fernández, que afirma que “quixemos trazar con este recital camiños entre a néboa para denunciar esta situación”.
Así pois, palabra e imaxe atópanse e mestúranse en Os Camiños da Brétema. As e os poetas poñen voz a través dos seus poemas a unha selección de fotografías escollidas polo propio Vicente Ansola para a ocasión, todas elas tomadas no concello de A Pontenova e pertencentes aos seus traballos O pobo das néboas e A última polavila. Este acto multisensorial contará ademais con música en directo, a do cantautor ferrolán Miguel Alonso e a do grupo astur-galaico de acordeón e voz Green Label.
Os Camiños da Brétema convértese deste xeito nun espazo de confluencia de poesía, fotografía e tamén música xirando en torno á realidade rural galega, ó valioso patrimonio cultural que as nosas aldeas atesouran e, como non, ás mulleres e homes que aínda viven nelas e que son, dalgún xeito, gardiáns da memoria deste pobo.
“A idea xorde a partir de dúas realidades: todos os galegos e galegas temos algunha vinculación co rural e este morre e esvaécese ante os nosos ollos de xeito silencioso, os pobos vanse quedando sen nenos, as casas vanse pechando, as fincas fican abandonadas e a nosa aldea de referencia vai morrendo pouco a pouco, co que se desploma o esqueleto que sostén a nosa identidade colectiva”, indica María José Fernández.
“O esvaecemento do noso rural non só supón a desaparición dun xeito particular e único de relacionarse coa terra, senón tamén a perda dun importante patrimonio arquitectónico e cultural. Con el esvaécese un rico cosmos de valores, usos e costumes que constitúen a cerna da nosa identidade colectiva, o que implica que os individuos que compoñemos dita colectividade ficamos dalgún xeito privados da memoria da orixe, absolutamente orfos das raíces necesarias”, afirma.
Vicente Ansola Trueba
Vicente Ansola, fotógrafo cántabro residente en Vilaeimil, A Pontenova (Lugo), leva anos mostrando tanto dentro como fóra das fronteiras de Galicia a realidade de moitas das nosas aldeas. Tanto no premiado O pobo das néboas como no seu último traballo A última polavila, reflexa a xeito de melodía fotográfica o canto de cisne do noso rural. Pero a súa non é unha perspectiva deprimente, nin sequera pesimista. Nas súas imaxes aparece o innegable abandono, pero cada rincón convírtese baixo a súa mirada nun lugar máxico poboado por trasgos e fadas que se insinúan constantemente entre unha néboa que matiza obxectos e cores. Dalgún xeito, esta peculiar visión rescata do esquecemento aldeas, momentos e persoas, posto que as dota dun encanto que atrae sobre elas a mirada curiosa de quen, nun momento dado, se detén a contemplar as instantáneas. E é precisamente esta capacidade de poñer en valor lugares e historias a que provocou que os integrantes do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar decidisen no seu momento achegar poesía ás súas fotografías.
A mostra, que se poderá ver no Museo de Lugo até final de mes, está constituída por imaxes de xentes e exemplos da valiosísima arquitectura popular galega. As fotografías representan momentos da vida cotiá dalgunhas aldeas da Pontenova e as súas xentes. Aldeas como Vilarxubín, Bogo, San Paio, Herbelle, Vilargondurfe ou Vilaeimil sobreviven grazas á mostra deste artista ao esquecemento e a ruína. Vicente Ansola gañou no ano 2011 con este traballo sobre as aldeas da Pontenova o prestixioso Premio Hasselblad Masters Adwars, un dos galardóns de fotografía máis prestixiosos a nivel mundial.
A Porta Verde do Sétimo Andar
Foi en maio do ano 2005 cando, froito da confluencia das inquedanzas e experiencias vitais compartidas de diferentes creadores, nace a Porta Verde do Sétimo Andar. Vigo foi o epicentro dunha idea colectiva que se materializou en forma de espazo creativo aberto a todo tipo de expresión artística. Un espazo poético de encontro e coincidencia, galego, comprometido coa cultura galega e coa nosa lingua como alicerce que é da nosa cultura.
O ámbito de acción poética de A Porta Verde abrangue toda Galiza e norte de Portugal, mais tamén existen importantes conexións con comunidades galegas de Barcelona ou Madrid. A actividade en forma de recitais, presentación de libros, etc… é constante e lévase a cabo contando case sempre coa colaboración e participación de moi diversos colectivos e entidades.
Tamén é intensa a presenza de A Porta Verde no ámbito virtual. O blogue creado dende o momento da posta en marcha do colectivo ten acadado xa as 48.000 visitas, con procedencias de todo o mundo e unha destacada participación de seguidores do Brasil e Portugal.
Hogano, A Porta Verde conta xa cun bo número de publicacións. Son seis os anos transcorridos dende que o primeiro libro colectivo de poesía vise a luz baixo o título de A Porta Verde do Sétimo Andar e catro do nacemento dos Q de Vian cadernos, unha iniciativa do colectivo que busca establecer un punto de encontro entre distintas disciplinas artísticas e incidir na visibilidade da produción artística galega.
Alberte Momán, Alba Pérez, Rosa Enríquez, Rochi Nóvoa, Miguel Ángel Alonso Díz, Alfonso Láuzara, Xosé Iglesias, Ramiro Vidal Alvariño, José Estévez, María José Fernández, Lino García Salgado, Marilía Miranda son só algúns dos e das creadoras que nalgún momento cruzaron o espazo da Porta Verde, construíndo coa súa poesía a xa gran biblioteca da Porta. Eles e elas son o soporte colectivo que permite que, dez anos despois do seu nacemento, A Porta Verde continúe a ser un espazo vivo e dinámico, sempre en constante transformación e atento a novas voces e formas de expresión.


















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



