Lugo, 25 de marzo de 2015.- O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, leva os seus obradoiros artesanais gratuítos a asociacións de toda a provincia, co obxecto de recuperar os oficios artesanais, ao tempo que se dá a coñecer a gran tradición da provincia e se dinamiza o rural. Así o avanzou este mércores a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, quen subliñou que coa organización destes obradoiros “damos resposta ás propostas que nos trasladaron os veciños durante a elaboración dos Orzamentos Participativos, pois pedíronnos actividades culturais, de lecer e artesanais sobre todo no rural para dinamizar e mellorar a calidade de vida dos pequenos pobos”. Ademais, deste xeito, o organismo provincial atende “a todos os lucenses que non poderían aproveitar estes talleres na cidade de Lugo por atoparse afastados do Centro de Artesanía e Deseño”.
Tala de madeira, cestería, bordado ao aire, patchwork, confección de complementos renacentistas, confección de patróns, bixutería, reciclaxe de roupa de casa, coiro e construción de hórreos de varas son as modalidades que centran estes cursos, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses e ata xuño en 16 asociacións de toda a provincia, que suman 2.000 veciños.
A asociación de veciños San Pedro de Pígara, a de mulleres San Bartolomeu de Insua, a de mulleres rurais Amencer e a de amas de casa Bruma; así como a asociación cultural Reencontro en Argán, a asociación Proa, a de Corazóns Artesáns, a do Campo da Feira de Friol e a de veciños San Cosme de Nete, foron os primeiros colectivos en acoller estes obradoiros artesanais gratuítos. Outras 7 asociacións da provincia –Castro de Rei, Cervo, Navia de Suarna, O Corgo, Cospeito e Guitiriz- serán tamén destinatarias destes talleres organizados polo CENTRAD.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



