O pasado sábado disputouse no embalse de Verducido (Pontevedra) o Campionato Galego de Inverno sobre a distancia de 5.000 metros, como vén sendo tradicional. Estaban convocados máis de 700 padexeiros, tanto homes como mulleres, das categorías cadete, junior, senior e veteranos.
A expedición do Club Kayak de Foz, que estaba composta por dous cadetes, un senior e un veterano, partiu de Foz ás 06.00 horas. Ás 09.30 horas, as cadetes K1 e C1, as xuvenís C1 e as sénior C1 deron comezo ó campionato despois duns tensos minutos de avisos para despexar a liña de saída que contaba cun novidosos sistema composto por unha rede que se eleva.
Tras finalizar esta primeira regata, ás 10.15 horas, era a quenda dos veteranos na modalidade de K1. Era o momento da saída do primeiro padexeiro do Kayak, Ángel Antonio Gómez, que competía na categoría 50 a 54 anos. Tralos disputados 5000 metros de rigor, o crono absoluto parouse en 21:47 marcado por Jesús Rodríguez León, do Fluvial O Barco, veterano da categoría 35/39 anos. Antonio Polo do Grupo Xuvenil era segundo cun crono de 21:52 a tan só 5 segundos de León, sendo o terceiro o padexeiro do Piragüismo Viveiro, Alberto Pigueiras, parando o crono en 21:56, 9 segundos máis que o gañador da proba.
Pola súa banda, Ángel Antonio fixo unha moi boa regata entrando quinto na categoría 50/54 anos parando o crono en 27:01, 02:17 máis que o vencedor da súa categoría, José Manuel Sánchez Moure do Naval de Pontevedra.
Cadetes
Ás 10.50 horas era a quenda dos cadetes *K1. A distancia a remar, a mesma, 5000 metros e a choiva acompañándoos en todo momento. Dos 103 padexeiros inscritos, só 92 barcos tomaron a saída. Trala tensa espera para o descenso da rede, os 92 padexeiros saíron a toda velocidade en busca do ansiado título de Campión de Inverno, pero eran os cadetes do Portonovo, Luís Rodríguez e Fran Silva, Anxo Susavila de As Torres, David da Rocha do Tudense e Julio Matilla do Fluvial de Lugo os que comandaban destacados esta proba.
Por detrás, os dous cadetes do Kayak, Noel García e Juan Rivas, facíanse un oco entre as 30 primeiras posicións. E así transcorrían os metros, os minutos do crono e, como non, ao choiva que nos empapaba a todos os alí presentes.
O sprint final disputárono Luís Rodríguez, Fran Silva e Anxo Susavila, sendo o vencedor e campión galego de inverno o padexeiro do Portonovo Luís Rodríguez parando o crono en 21:53. 1 segundo máis tarde entraba Fran Silva, tamén do Portonovo e 2 segundos máis tarde facíao o terceiro clasificado, Anxo Susavila do As Torres, romaría viquinga.
O peche de control estaba establecido en 4.00 minutos sobre o tempo do 3º clasificado, é dicir, 25:55. Ese era o tempo tope que tiñan para entrar os cadetes do Kayak, e certo é que o intentaron. Tras un intenso sprint, Juan Rivas entrou no posto 30 parando o crono en 26:00 e Noel no posto 32 cun crono de 26:02. Por desgraza, ambos quedaron fóra de control por 5 e 7 segundos respectivamente. No entanto, as sensacións que transmitiron foron boas para uns cadetes de primeiro ano, sabendo que tras Julio Matilla -cadete de 2º ano- Juan e Noel foron 2º e 3º da provincia de Lugo. Esta actuación seguro que lles dá ánimos para adestrar máis duro, se cabe, para estar preparados para os seguintes compromisos.
Home sénior K1
Despois das probas das categorías muller sénior K1 e home sénior C1, chegaba a proba estrela do día. Era a quenda do cuarto padexeiro do Kayak de Foz, Ramón Lanzós.
Ás 13:45, 71 palistas estaban a piques de disputarse o ansiado título de Campión de Inverno Senior na modalidade de K1. A expectación e o interese de todos os presentes eran máximo. Tras gardarse un minuto de silencio polo recente falecemento de Eduardo Sousa, padexeiro, directivo e adestrador, deuse a saída lanzada… acompañada pola pesada choiva. Coma se dun ballet se tratase, un grupo de sete padexeiros destácanse do resto de participantes. As súas licras a raias vermellas e brancas identifícanos como padexeiros do Tudense. Tras eles 5 palistas do Vilaboa van na súa persecución, e tras estes, diseminados ao longo de mil metros, o resto de participantes. O padexiro do Kayak, Ramón Lanzós, sitúase na parte central do grupo, facendo unha regata moi conservadora.
Diego Piña, do Kayak tudense, foi liderando a regata durante a maior parte da mesma, pero non foi capaz de aguantar o forte ritmo dos seus compañeiros de fuga no tramo final.
A falta de 500 metros, os padexeiros do Tudense repártense entre si paus, todos queren o título e na auga non hai equipo. Ó final, tras un sprint espectacular, Rubén Millán, do Kayak Tudense, imponse por diante dos seus compañeiros de equipo Iván Alonso e Diego Piña. Os sete primeiros padexeiros na clasificación final pertencen ó Kayak Tudense. A separación en meta entre os tres primeiros, Millán, Iván Alonso e Piña foi de só un segundo entre dada un.
Lanzós finalizou a regata no posto 50, parando o crono en 24:24, quedando fóra de control por 53 segundos.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
