Ribadeo, 31 de marzo de 2015. O Concello demolerá a casa situada no nº1 da rúa Deputación, por tratarse “dun perigo público”, segundo o alcalde, Fernando Suárez. O BOP publica o anuncio de licitación de dita demolición.
O rexedor explicou que “no día de hoxe sae publicado no Boletín Oficial da Provincia este anuncio de licitación da demolición desta construción que está nunha situación de ruína e que é un perigo público na rúa Deputación, número 1. En máis ocasións temos falado sobre o descoidada que os seus propietarios a tiveron nos últimos anos, foi obxecto de varias multas coercitivas por parte do Concello de Ribadeo sen que nada de todo isto chegase a ningún resultado positivo de cara á seguridade pública. De aí que, despois de ter todas as autorizacións de Patrimonio e do Camiño de Santiago, o Concello de Ribadeo decide pola súa conta e con cargo a fondos propios iniciar os trámites para demolela, de acordo cos criterios que nos marcou Patrimonio”.
Suárez Barcia dixo que “a partir de hoxe todas as empresas, porque este é un procedemento aberto, que desexen participar poden presentar as súas ofertas de acordo coas instrucións e coas bases que están publicadas nese boletín. Non é unha obra demasiado grande, o presuposto de licitación ascende a uns 22.000 euros”.
E subliñou que “con isto o que queremos é garantir a seguridade pública e a salubridade, porque está nunha situación bastante lamentable. Pero por enriba de todo está a seguridade dos viandantes, para que non vaia desprenderse a cuberta, que está medio caendo, ou que a fachada tamén poida caer. Loxicamente despois, como todas as sancións anteriores, serán cargadas contra os propietarios. E se non é así por descoñecidos ou porque non se pode chegar a eles virá o embargo desa propia vivenda”.
O alcalde ribadense indicou que “no día de onte saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia a licitación das obras de mellora dos filtros da estación de tratamento de auga potable que temos en Vilarbetote (Trabada), dado que é un dos dous puntos de abastecemento da auga para consumo humano que temos en Ribadeo. Un deles é Lexoso e outro é Vilarbetote. No que ten que ver con Vilarbetote, que colle a auga directamente desde o río Eo, os filtros para o tratamento desa auga están xa nunha situación obsoleta, polo que se fai recomendable modernizalos. De aí que vaiamos licitar unhas obras, tamén polo procedemento aberto, neste caso cun montante inicial de 42.000 euros, sen prexuízo da mellor oferta que poidan facer as empresas que se presenten”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



