Burela, a 21 de marzo de 2015. O equipo do goberno do concello de Burela asegurou este sábado, en relación coa nota de prensa da executiva socialista sobre os presupostos, que “os socialistas están na inopia e por riba teñen mala memoria, xa que esquecen que eles non baixaron ningún imposto, e o PP sí os baixa. De repente esquecen que chegaron a subir os impostos no ano 2010 o 4%, e que tamén puideron baixar o IBI (a contribución) ao mínimo pero non o fixeron, porque son uns depredadores de impostos e por riba insaciables. E mentres gobernaron tampouco pediron unha revisión catastral; o PP, sí. Estes personaxes non son quen para dar leccións a ninguén, e se falan de mentir, eles sí son mentirosos, e a iso son imbatibles”.
Para o goberno popular burelés, “os socialistas falan de 2011 e esquecen que nese ano xeraron a maior débeda que este Concello tivo nunca, xa que deixaron sen pagar nada máis e nada menos ca 1.300.000 euros en facturas e o peor é que tampouco había cartos para pagalas. Iso sí, non se puxeron colorados”.
Desde o goberno burelés afirman que “a baixada de impostos para este ano é unha realidade, a pesares dos socialistas. Porque ademais de pagar 142.000 euros menos ca en 2014, os cidadáns de Burela tamén deixarán de pagar o incremento da contribución, debido a que este equipo de goberno baixou a porcentaxe a aplicar ao mínimo admitido pola lei. Parece que aos socialistas non lles gusta que a xente se quede con máis cartos no peto: lóxico, eles cando gobernan son os que exprimen á xente. E parece que non lles gusta pagar menos impostos… Pois se non lles gusta pagar menos impostos, poden pagar eles as facturas que deixaron sen pagar”.
En relación coa nova escola infantil, desde o goberno burelés sinalan que “os socialistas están que adoecen porque ven que o que eles non foron capaces a facer estámolo facendo desde o goberno local. Nós nunca ocultamos nada sobre a nova escola infantil, e acollémonos a un convenio asinado entre un ministro socialista e a Xunta, convenio ao que se teñen sumado máis concellos galegos, incluídos socialistas, coma o de Muros. Os ‘iluminados’ que querían poñer esta dotación na Casa do Mar ou na Casa da Xuventude, pero que nada fixeron para iso, critican o evidente, que corenta e unha familias deste Concello terán praza pública para os seus nenos e nenas de 0 a 3 anos”.
O grupo de goberno burelés, do PP, tamén menciona a débeda do antigo Concello de Cervo, asegurando que “os que agora rexen o PSOE burelés poden preguntarlle a ‘ilustres’ compañeiros seus como se xerou a débeda do antigo concello de Cervo. Só un exemplo: o goberno de Roberto Álvarez e os seus concelleiros solicitou por dúas veces un crédito para facer a rúa do Barridal; pero quen acabou facendo esta rúa, con fondos municipais, foi o Concello de Burela”.
“Resulta significativo, pero tamén preocupante, que os actuais rexedores do socialismo burelés defendan ao goberno socialista de Cervo anterior á segregación. Deberían cando menos calar a boca, porque fannos pensar que se chegan a gobernar poden facer o mesmo que fixeron os seus compañeiros entre 1987 e 1995, xerar nada menos que seis millóns de euros de débeda con bancos. Se estes queren gobernar Burela con estas ideas, apañados vamos”, conclúen desde o Equipo de Goberno burelés.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



