Lugo, 21 de marzo de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, xunto ao candidato popular á alcaldía de Viveiro, Antonio Bouza, recorreron á “realidade obxectiva das cifras” e revelaron que a Xunta de Galicia investiu 25 veces máis neste concello ca Deputación.
Os veciños merecen coñecer o que fai cada administración
A voceira dos populares explicou que dende o PP deuse a coñecer cifra por cifra os recursos achegados ata Viveiro polo goberno que preside Alberto Núñez Feijóo nos últimos seis anos. Esta cifra supera os 97,3 millóns e converten ao goberno galego na administración que maior esforzo inversor realiza neste concello da Mariña.
Esta cifra garda unha ampla diferenza fronte á da Deputación e dende o Partido Popular retábase á alcaldesa e aos responsables provinciais que explicasen, cifra por cifra, os recursos mobilizados pola Deputación de Lugo en beneficio de Viveiro.“Non o fixeron e lanzaron acusacións que non se sosteñen coa realidade”, como á da alcaldesa que afirmou que Viveiro sobreviviu grazas á Deputación. “Hoxe explicamos nós onde chega o compromiso de cada administración”.
A Xunta, quen máis apostou por este Concello
A Deputación de Lugo investiu nos últimos seis anos un total de 3,8 millóns de euros en Viveiro, tanto en achegas directas como en partidas xenéricas territorializadas. “Son, polo tanto, 93,4 millóns menos que os achegados pola Xunta de Galicia”.
A administración autonómica investiu 25 veces máis no concello de Viveiro ca Deputación de Lugo, ata o punto de que, en menos de tres meses, a Xunta achegou máis que o goberno bipartito provincial en seis anos. O investimento por habitante é tamén incomparable: o da Xunta é de 6.105,99 euros por habitante nestes últimos seis anos; é o da Deputación é de 239,97 euros.
A Deputación vende unha e outra vez as mesmas achegas
Elena Candia insistiu en que a realidade obxectiva das cifras están “moi lonxe dos fogos de artificio da Deputación de Lugo, que cada poucos días desembarca en Viveiro, non para poñer sobre a mesa novos compromisos, senón para vender unha e outra vez as mesmas achegas”.
A voceira dos populares asegurou que “probablemente sexan expertos en propaganda, pero fai moito tempo que os veciños reclaman máis que simple propaganda”. “Non hai un investimento planificado por parte da Deputación, nin hai unhas prioridades establecidas é isto os veciños débeno coñecer”.
A alcaldesa ten moito que explicar
Logo de coñecer estes datos, Antonio Bouza asegura que a alcaldesa “non ten razóns para presumir e ten moito que explicar, ante o evidente maltrato dunha administración amiga, da súa mesma cor política” e sinala que “a falta de compromiso da Deputación con Viveiro é o resultado dunha incapacidade manifesta da alcaldesa socialista para xestionar e para acadar compromisos para a localidade”.
O candidato á alcaldía polo PP tamén lle pediu á rexedora que utilice a mesma vara de medir para a Xunta que para a Deputación, xa que mentres reclama da administración autonómica financiamento para benestar “non é quen de esixirllo ao ente provincial que non achega ao Concello de Viveiro nin o 18% do que custa o Servizo de Axuda no Fogar Básico”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



