A Mariña, 13 de marzo de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, anunciou este venres a presentación dunha iniciativa no Parlamento de Galicia pola que se reclama a creación dun rexistro estatal de posibilidades de pesca. O deputado popular explicou que este instrumento normativo serviría para dar cobertura ás novas previsións contidas no regulamento europeo de reforma da Política Pesqueira Común, que permite os chamados dereitos de pesca transferibles.
Segundo indicou Balseiro, a lexislación comunitaria establece este sistema para todos os buques de máis de 12 metros de eslora e que non utilicen artes pasivas, de tal xeito que se recoñecen un dereito propio de explotación ou cota de captura sobre un determinado recurso ou especie durante un tempo concreto.
UNHA DEMANDA DOS PROFESIONAIS DO MAR
Os buques dun mesmo censo poden así intercambiar, comprar, vender e alugar estes dereitos de pesca baixo unha serie de requisitos, polo que os populares creen que sería positivo crear un Rexistro Estatal onde queden reflectidas claramente todas as operacións de transmisión que se efectúen e sirva, á vez, para que o sector poida coñecelas.
Balseiro lembrou que a creación dun sistema de concesións ou dereitos de pesca transferibles entre os Estados Membros da Unión Europea que permita o intercambio de cotas sobre un recurso pesqueiro concreto, en función dos intereses das distintas flotas, foi unha demanda recorrente dos profesionais do mar e unha das reivindicacións lideradas por Galicia de cara a reforma da Política Pesqueira Común.
De feito, formaba parte das propostas incluídas no Ditame unitario que, aprobado dun xeito unánime polo Consello Galego de Pesca (máximo órgano de representación e asesoramento do sector marítimo pesqueiro), constituía a folla de ruta sobre a que, desde Galicia, se proxectaba un rumbo diferente para a nova normativa comunitaria.
SALVAGARDAS EFICACES
O portavoz popular sinalou, ademais, que os populares galegos e a propia Xunta sempre defenderon condicionar este sistema co necesario establecemento de salvagardas eficaces que garantiran a excepción da flota costeira artesanal, que non participaría destes intercambios, así como de instrumentos que impidan a excesiva concentración ou a deturpación deste do novo modelo nun sistema dirixido á especulación.
“Hoxe sabemos que, co amparo legal de Bruxelas, os dereitos de pesca pódense comprar, vender e alugar cunha serie de condicións estritas, entre elas, que soamente poden adquirilos os propietarios de buques matriculados e en activo que teñan o propósito de utilizalas nun buque autorizado e en activo”, apuntou.
Este modelo tampouco supón unha novidade substancial xa que viña aplicándose e ofrecendo mostras prácticas da súa utilidade entre os buques que operan dentro dos límites xeográficos da zona do convenio da Comisión de Pesquerías do Atlántico Nordeste (NEAFC). As empresas pesqueiras incluídas neste censo poden enaxenar, ceder ou transmitir, entre si, total ou parcialmente, os dereitos de acceso ás diferentes zonas de pesca, previa autorización do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.




















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



