Estrasburgo, 10 Marzal 2015. A instancia da eurodeputada da Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, na tarde deste martes debatiuse na reunión do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) sobre as repercusións que a finalización do sistema de cotas leiteiras previsto para o vindeiro 31 de marzo tería nas produtoras e produtores de leite da Unión Europea (UE).
Senra, coordenadora na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (PE) para o GUE/NGL, resalta que a política leiteira “é moi importante para a UE”, xa que “abarca moitas zonas rurais que se manteñen grazas á ‘economía do leite’, como ben sabemos na Galiza”. Por iso, “é fundamental dar un debate no grupo parlamentario sobre o que significaría o fin das cotas do leite, é dicir, sobre as consecuencias da liberalización total do mercado”.
Só na Unión Europea, segundo datos do Observatorio Europeo do Mercado do Leite para a campaña 2014-2015, xa en novembro do pasado ano levabamos acumulado un aumento de produción do 4’7%, un incremento que tamén experimentaron no 2014 os países considerados como grandes produtores mundiais de lácteos: Estados Unidos, 2’4%; Australia, 2’6% e Nova Zelandia o 4’1%.
Esta suba global da produción de lácteos –prevista tamén para todo o ano 2015[1]- , unida á baixada do consumo provocada por factores como a contracción da demanda na China -que mantén un acordo comercial preferente con Nova Zelandia á hora de mercar leite- ou o veto ruso, é unha das principais causas de que o prezo do leite estea a descender a nivel global, polo que o fin do sistema de control de produción que significan as cotas na UE conlevaría un incremento de excedentes no mercado que repercutiría negativamente no prezo do leite.
Para a eurodeputada galega, “o GUE/NGL ten que ser consciente desta situación e dar un debate dende a perspectiva da esquerda dentro do Parlamento Europeo”, a fin de “adquirir unha posición diante da finalización do sistema de cotas” e co obxectivo de traballar para “tentar articular alternativas”.
Lídia Senra rexistrou xa no mes de xullo do ano pasado unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea ao respeito das consecuencias da ausencia de control da produción leiteira na UE.


















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



