O Ribadeo FC rompe unha racha de catro partidos gañados coa derrota encaixada ante o Silva.
Os de Germán e Vilachá perdían na Catedral ante un dos equipos que loitan pola salvación. De feito, o Silva SD gañou 3 dos últimos 5 partidos. Neste caso, a vitoria chegou na segunda metade da man de Marcos Suárez, autor do único gol do encontro, tras un centro de Diego Uzal.
Ainda así, mantéñense no medio da táboa grazas ós 3 puntos sumados o mércores no partido aprazado ante o Cerceda.
A vindeira xornada, o Ribadeo recibe ó penúltimo da táboa, o Cultural Areas, o domingo 22 de marzo a partir das 16.30 horas.