O Centro Comarcal de Mondoñedo acolle o mércores 18 de marzo, entre as 20.00 e as 22.00 horas, un acto informativo sobre a problemática derivada da presencia do insecto de nominado Vespa Velutina, comunmente coñecida como vespa asiática.
No acto, organizado pola delegación da AGA, o SLG e o Concello de Mondoñedo, tratarase temas coma: a vida e comportamento da Vespa Velutina Nigrotorax; os colectivos afectados polo avespón asiático; os comportamentos axeitados fronte a presenza da Vespa Velutina ou a vixianza, control e a colocación de trampas para capturar raíñas. Tamén se levará a cabo unha demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.
A entrada é libre e gratuíta.