O Vicedo, 24 de marzo, 2026. O BNG presentará no pleno ordinario deste mércores unha proposta para que o Concello de O Vicedo inicie os trámites administrativos necesarios para o deseño e o rexistro oficial das marcas municipais destinadas a identificar servizos e actividades de promoción local. A formación nacionalista solicita tamén que estas marcas se inscriban na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) nas clases correspondentes —turismo, eventos, publicidade, entre outras— co obxectivo de garantir a protección xurídica da propiedade industrial do Concello.
Unha imaxe definida e recoñecible para O Vicedo
O portavoz municipal do BNG, Miguel Fraga, destacou que “o Concello de O Vicedo conta cunha riqueza patrimonial, cultural e humana que constitúe un activo fundamental para o seu desenvolvemento”. Por este motivo, considera que “a proxección exterior de O Vicedo e a posta en valor dos nosos recursos requiren dunha imaxe definida e recoñecible que nos diferencie e que protexa os nosos intereses”.
Nesta liña, o BNG propón a creación dun selo de calidade que profesionalice a promoción exterior do municipio.
“Queremos que o nome de O Vicedo sexa sinónimo de calidade”
Segundo explica Fraga, a creación e o rexistro dunha marca propia na OEPM é unha ferramenta clave para evitar o uso indebido do nome de O Vicedo ou da súa iconografía por parte de terceiros. Ademais, permitiría impulsar a promoción turística e os produtos de proximidade baixo un selo de calidade propio.
“Queremos que o nome de O Vicedo sexa sinónimo de calidade e que os beneficios da nosa marca queden na casa. Para iso é imprescindible a protección legal e xurídica en sectores clave como o turismo, os eventos e os produtos de proximidade”, concluíu o portavoz nacionalista.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



