Ribadeo, 24 de marzo de 2015.- O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou na tarde deste martes no novo pavillón polideportivo de Ribadeo, xunto ao concelleiro de Deportes da localidade, o tamén nacionalista Vicente Castro, e a representantes e xogadores do club anfitrión, o Hotel Bouza Ría de Ribadeo, a segunda edición da Copa de Baloncesto de Base, que se disputará a próxima fin de semana na vila ribadense e na capital da provincia.
O sábado 28 de marzo será a quenda para as categorías de premini e minibasket en Ribadeo, onde se darán cita 25 equipos, mentres que o domingo, día 29, no Pazo Provincial dos Deportes e no seu Anexo reuniranse 20 equipos, que loitarán polo título nas categorías de infantil e cadete.
Polo tanto, un total de 45 equipos, pertencentes ás categorías inferiores de 22 clubs de toda a provincia, participan nesta nova edición da Copa Deputación de Baloncesto de Base, que comezou a celebrarse o ano pasado por iniciativa da área de Deporte da institución provincial. “Cremos que é un xeito estupendo de potenciar e fomentar o deporte base”, sinalou Antonio Veiga.
600 nenos e nenas de catro categorías
A marxe do meramente deportivo, Veiga lembrou que “esta Copa se puxo en marcha coa intención de potenciar outros factores entre os máis novos, coma os valores deportivos e especialmente a convivencia entre todos os nenos e nenas e as súas familias”, apuntou. Asemade, o vicepresidente provincial destacou que “nesta cita participarán preto de 600 nenos e nenas, repartidos en catro categorías tanto masculinas coma femininas, sendo para moitos nenos e nenas a primeira experiencia nunha competición”.
A Deputación cubre todos os gastos do torneo
Antonio Veiga salientou que “a práctica totalidade dos clubs de baloncesto da provincia participan nesta Copa, achegando equipos dende todos os puntos da provincia. Deste xeito, estarán representados os seguintes clubs: Burela, Viveiro, Ribadeo, Estudiantes, Maristas, Hierros Ferreiro, Galén, Martínez Otero de Foz, Franciscanos, Divina Pastora, Sarria, Sagrado Corazón e Lourenzá-Mondoñedo”, remarcou.
Veiga destacou que “a Área de Deporte da Deputación corre cos gastos de manutención e transporte para todos os equipos e todos os participantes. Ademais, cada equipo, é dicir, os 45 inscritos recibirán un regalo de material deportivo e cada xogador terá un detalle de participación, así como os trofeos para os equipos finalistas”, avanzou.
Pavillón funcional e adaptado ás necesidades do evento e dinamización hostaleira
O responsable da Área de Benestar e Deporte lembrou que “Ribadeo ten un espazo para acoller este tipo de competicións grazas ao esforzo económico realizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación neste mandato, onde investimos 2’5 millóns de euros para a construción deste novo pavillón totalmente funcional e adaptado”, afirmou.
Finalmente, Antonio Veiga tamén sinalou a “dinamización económica que supón para a hostalería de Ribadeo, xa que o sábado serán moitos os pais e nais que se achegarán a ver os partidos e, polo tanto, consumirán nos bares e restaurantes da vila”, rematou.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
