Lourenzá, 30 de abril de 2015.- A alcaldesa de Lourenzá, Émma Álvarez Chao, mantivo unha reunión co responsable da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, na que abordaron a construción dunha conexión entre a estrada provincial LU-P-2802 e a Nacional 634 en Arroxo. Tamén falaron da necesidade de adoptar unha solución para evitar os desbordamentos do rego de Recimil a raíz da construción da autovía A-8.
A rexedora municipal explicou este xoves que se reuniu onte con Ángel González del Río e os temas que trataron foron “a unión da autovía A-8 dende a antiga Nacional 634 á nova N-634, en Arroxo; e o incremento do caudal do rego de Recimil a consecuencia das obras da autovía”.
Emma Álvarez especificou que “en relación á necesidade de construír unha rotonda ou un enlace en T en Arroxo, que uniría a estrada da Deputación 2802, que vai dende San Xorxe ata Arroxo, coa Nacional 634, faríase nuns terreos que a día de hoxe parte deles xa están expropiados polo Ministerio de Fomento. Segundo os informes que baralla o xefe da Demarcación de Carreteras, é necesario e óptimo facer este enlace, co cal contamos que, a esperas de que se faga o proxecto da obra e se saiba o custe económico da mesma, procederase a realizar por parte do Ministerio de Fomento”.
A alcaldesa engadiu que “sobre o incremento do caudal do rego de Recimil mantivemos unha reunión non só co xefe de Demarcación de Carreteras senón que estaba tamén o xerente de Augas de Galicia. E aí viuse que certamente podería ser non só cuestión de que se incrementara o caudal senón que agora a auga baixa máis rápido, ao estar toda canalizada. E quedamos en que o propio director de obra do Ministerio veña aquí, a Lourenzá, acompañado dos técnicos de Augas de Galicia que fixeron un informe no que apuntan á autovía como causante das inundacións, sobre todo das que houbo nas últimas riadas, que foron o 3 de decembro do ano pasado”.
Polo tanto a rexedora considera que “a reunión de onte foi moi positiva, non soamente por traer o compromiso de facer ese enlace da A-8, que xa no seu día manifestara o secretario general de Infraestructuras do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, senón que ademais vaise estudar a problemática que temos cando chove en Lourenzá a consecuencia do incremento do caudal de auga do rego de Recimil. Nas últimas riadas inundáronse varias vivendas e a fábrica de mobles Hermida, co cal trataremos de buscar unha solución entre as tres partes (Concello, Augas de Galicia e Fomento) para que estes danos se poidan evitar”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



