Burela, 11 de abril de 2015.- A comisión de festas de Burela comezará o luns, 13 de abril, a recadar fondos para sufragar os distintos actos dos festexos, segundo informa a concelleira Diana Durán.
Desde o Concello piden “a colaboración dos veciños e das veciñas de Burela aos que lles agradecemos de antemán os esforzos que realizan ano tras ano para que as patronais saian adiante e así poder render homenaxe á nosa querida Virxe do Carme e a San Xoan Bautista. Grazas en nome da comisión de festas e en nome do Concello de Burela”.