Estimados veciños!!
Dende a Concellería de Cultura queremos darvos as grazas pola vosa colaboración no desenvolvemento do Mercado de Primavera, pois, un ano máis, o esforzo vese recompensado cando o pobo enteiro vótase á rúa e disfruta como ningún outro día no ano.
Eu, persoalmente, quero aproveitar este medio para agradecer o seu traballo ás persoas que fixeron posible ese día e que moitas veces son os que máis desapercibidos pasan.
Empezar por Marco Uría e os monitores de tempo libre que diseñaron e desenrolaron as competicións que tiveron lugar ó longo do día. Marco, un ano máis, perdeu durante meses o seu tempo e cada vez que chegaba á Casa de Cultura poñía freo as ideas novas que iban aflorando e que, sen a súa cordura, desbordaríanos.
Ó persoal de Cultura, Suso Rubio que compaxinou as necesidades que surxiron coa confluencia no tempo da Semana Santa co diseño dos folletos de inscripción que se usaron, aparte de servir de comodín para todo ó que papeleo se refire. Un punto e aparte merece Juan Novás, que leva dende novembro dedicado ó mercado, aportando ideas, poñendo senso nas dos demáis e implicado en cada detalle, preocupado dende o principio ó fin da xornada, naide se implica máis.
E por último, pero non menos importante, ós traballadores de exterior do Concello asignados esa semana a Cultura e que foron os artífices físicamente de que o Mercado tomase forma. Sólos, con unas simples indicacións, distribuiron o traballo e lograron que o 28 todo estivese no seu lugar e, por encima, lograron que o Domingo de Ramos se puidese realizar unha procesión digna gracias á limpeza que fixeron sen medios humáns suficientes.
Grazas a todos vós, ó voso traballo, ó voso esforzo, á dedicación sen interés… o Mercado fixo feliz a miles de persoas que se acercaron a Ferreira ese Día. Non vos poido compensar de outra maneira que co cariño e a gratitude que sinto no corazón cada vez que recordo cada momento vivido e necesitaba facer público ese recoñecemento para que o voso traballo non quede no limbo do olvido.
Fdo: María J. Fdez Díaz
Concelleira de Asuntos Sociais, Cultura e Xuventude





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



