Luns 13 de abril. O IV Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base 2015 ‘Memorial Rodrigo Maseda Lozano’ (3, 4 e 5 de xullo) abre o prazo de inscrición para volver á palestra deportiva do verán e reunir o mellor fútbol sala de base na Mariña, en memoria do policía natural de Burela falecido en 2012 na praia coruñesa do Orzán durante un rescate.
Ao longo de tres intensísimas xornadas coma en edicións anteriores, a bisbarra acollerá a ilusión futbolística das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, ás que se suman este ano como novidade os máis pequenos, os prebenxamíns. O pavillón municipal de Xove, A Veiga (San Cibrao), Marzán (Foz) e Monte Castelo e Vista Alegre (Burela) serán testemuñas da emocionante competición, coa incorporación en 2015 do municipal de Viveiro.
Durante o torneo e coincidindo co grande ambiente da Festa Castrexa en Burela, a organización tamén lles ofrecerá aos rapaces/as unha programación lúdico-deportiva complementaria, con inchables, e visitas guiadas ao barco-museo Reina del Carmen de Burela e o Museo do Mar de San Cibrao, ademais de ter a posibilidade de usar as instalacións de Activity Center e do complexo deportivo da Marosa, na vila burelense.
Os clubs interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o venres 5 de xuño.
400 deportistas no 2014
En 2014, o evento reuniu arredor de 400 deportistas, coa participación de equipos de Asturias, Valladolid, Madrid, A Coruña, Ourense e, por suposto de Lugo e A Mariña. UD Las Rozas Boadilla foi o gran triunfador, alzándose cos trofeos de campión nas categorías alevín, infantil e cadete. As estatuíñas de benxamín e xuvenil quedaron na bisbarra, para ACD Xove e Burela FS Pescados Rubén A, respectivamente.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
