A recoñecida actriz galega Mariana Expósito será a presentadora da Gala Lvcvs Moda 2015, que se celebrará o vindeiro 16 de abril ás 21.00 horas no Círculo das Artes de Lugo.
A intérprete lucense conta, malia a súa xuventude, cunha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Filmes coma El Concursante, Reliquias, ou Vacas, porcos e zapatos de tacón; tense convertido nun rostro coñecido da pequena pantalla grazas ás súas aparicións en populares series coma Serramoura, El faro, Matalobos, Libro de familia, Padre Casares ou a máis recente delas, Hotel Almirante.
En canto ao teatro, o bo traballo de Mariana Expósito fíxoa merecedora do Premio Especial do Xurado no X Festival de Teatro de Rivas Vaciamadrid. Aínda que ten dedicado a meirande parte da súa vida profesional á interpretación, tamén coma monologuista ou contacontos, Expósito tamén ten traballado noutros ámbitos como o da comunicación, exercendo o labor de presentadora.
Así, o xoves 16 de abril, Mariana Expósito será a madriña de cerimoninas da sexta edición do evento que reúne o mellor da moda, o deseño e a artesanía da provincia, e que este no ofrecerá aos asistentes o singular espectáculo de danza Le Fleur.
Será parte, pois, das ducias de profesionais que farán posible a Gala da Moda 2015: os deseñadores Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela; as firmas de artesanía Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina; as peluquerías Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. O evento tamén conta coa colaboración de Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Ramón Rebolo; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.
Vendidas preto do 80% das entradas
Coma en anteriores ocasións, a venda de entradas avanza a ritmo espectacular, co 80% das mesmas adquiridas polos lucenses que, deste xeito, colaboran ademais co Fogar do Transeúnte, posto que a esta iniciativa solidaria irá destinada novamente a recadación íntegra do evento.
As entradas que aínda quedan por vender, poden adquirise nos establecementos de deseñadores e peluquerías que participan na Gala




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



