Burela, 12 de abril de 2015.- Coa candidatura do PP de Burela, José Manuel Barreiro pon o peche e final a unha intensa fin de semana de presentación de listas populares en concellos mariñáns.
Barreiro, consciente de que para ningún rexedor foi sinxelo xestionar durante estes anos de crise, manifestou que quedou demostrado que confiar no PP é elixir estabilidade fronte ao caos; por orde fronte a desorde e insistiu en que os populares “non facemos política de palabras senón de feitos”.
Manifestou o popular, que con respecto a Burela, os feitos son visibles e proba diso, atópase, na ampliación do hospital da Costa, as obras de acceso ao porto que avanzan a un bo ritmo, a construción da nova gardería municipal; ademais dos cursos e obradoiros de emprego, a recuperación de todo un símbolo para Burela, como é o seu faro e a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Pola súa banda, o candidato á reelección e actual alcalde de Burela, José María González Barcia comezou a súa intervención agradecéndolle aos membros do Equipo de Goberno o traballo realizado nestes últimos catro anos e no que á candidatura se refire, manifestou que “é representativa do que actualmente é Burela; con persoas que contan con experiencia, moitas delas novas, que se incorporan con ganas e ilusión e cun obxectivo claro: todas elas preséntanse co único fin de mellorar Burela e a calidade de vida que aquí temos”.- matizou.
González Barcia asegurou que a candidatura popular nace con vocación de gobernar, de facer as cousas con rigor e seriedade, de darlle a Burela estabilidade, para que os veciños que acudan ao concello saiban que poden falar con calquera representante popular; en definitiva, dixo, “para que non haxa dous ou incluso tres alcaldes distintos segundo de que se fale e que teñan problemas para entenderse”.
O rexedor afirmou que se o lema destes catro anos foi “traballar, traballar e traballar”, o lema dos catro seguintes será exactamente o mesmo, “porque non sabemos facer outra cousa”.
Recoñeceu que nestes catro anos puido haber erros en algúns temas e quizais as decisións que se tomaron non foron as máis axeitadas, pero dixo, “traballamos por aquelo que realmente lle importa á xente, e fomos preparando o terreo e dando pasos para facer precisamente aquelo que nos interesa a todos”. Citou a construción de novos aparcamentos gratuítos, máis servizos sociais e educativos, unha nova escola infantil, o acceso ó porto, ampliar o martelo do porto, reconstruír o faro, ou a ampliación do Hospital. “Fixemos todo isto para que Burela medre e se xere emprego e riqueza, para que aquí se quede a xente a vivir, porque iso é o que lle importa á xente”.
González Barcia destacou que o prioritario dos vindeiros catro anos será acabar o traballo iniciado, e seguir poñendo as bases do futuro, por un lado facilitando que se asenten empresas nas zonas marcadas como industriais no PXOM ou no Berbés, e mellorar e ampliar as dotacións de infraestruturas, como a EDAR”.
O actual alcalde e candidato á reelección pediulle ós asistentes que “se convertan na voz do partido na rúa, no traballo, nas charlas de cafetería, para difundir a mensaxe de que a xente do PP traballamos polo que lle importa á xente, para facer aquelo que lle permite medrar a Burela, e que ademais somos de fiar e os únicos que podemos dar estabilidade ó concello”.
CANDIDATURA PP BURELA
José Gónzález Barcia
Diana Durán García
José Casas Martínez
María del Mar Fraga Fernández
Alberto Rapa Martínez
Jasone Fátima Lorenzo Bahamonde
Genaro González Debasa
Josefa Yáñez Cao
María Belén Ramudo Rodríguez
Felicísimo Baño Fernández
Domingas Pereira Varela
Manuel Pardeiro Casabella
Justo Eijo Eijo
SUPLENTES
Patricia López Eijo
Beatriz Piñeiro López
José Luis González Arnau

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



