Ribadeo, 6 de abril de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, fixo un balance moi positivo da Semana Santa. Do 1 ao 5 de abril pasaron pola oficina de turismo da vila e polo punto das Catedrais 4.000 persoas en busca de información sobre o areal, sobre lugares para comer, para durmir e para visitar. Este dato supón un incremento en máis de 1.000 persoas, con respecto ao ano pasado. En marea baixa a praia rexistrou miles de visitas ao longo destes días. A ocupación hoteleira estivo no 100% durante as xornadas festivas e situouse entre o 80 e o 85% o resto da semana. O rexedor insistiu, unha vez máis, na necesidade de que Ribadeo pivote a xestión do fluxo turístico que recibe As Catedrais.
O alcalde fixo unha valoración moi positiva da Semana Santa: “foron milleiros de persoas as que pasaron por Ribadeo estes días, o cal ven confirmar a liña ascendente que vimos mantendo nos últimos anos onde cada vez somos máis coñecidos, onde cada vez ven máis xente de Galicia e de fora de aquí a descansar, a pasar os seus momentos de lecer, porque aquí hai moito que facer, hai moito que ver, temos a praia das Catedrais, pero temos moito máis que iso”.
Suárez Barcia subliñou que “segundo os datos que me pasan as técnicas de turismo das dúas oficinas de información, a da vila e a que estivo aberta durante estes días de Semana Santa nas Catedrais, un total de 3.933 persoas pediron información turística, das que 1.330 fixérono na oficina de Ribadeo e 2.603 acudiron ao punto que está situado nas Catedrais. Son cifras que impresionan a calquera e que incrementamos nunhas 1.250 persoas máis que en 2014. Referímonos só aos visitantes que se achegan a eses puntos en demanda de información sobre que visitar, onde comer, onde durmir, etc…”.
O alcalde ribadense sinalou que “detectamos por primeira vez diferenzas entre as dúas oficinas en canto á procedencia dos viaxeiros. Na da vila, na que está en Ribadeo, o primeiro lugar é para Madrid, seguido de Euskadi, Galicia e Castela-León. E no punto de información das Catedrais é diferente: o primeiro lugar foi para Galicia, seguido de Madrid, Castela-León e Euskadi. Tamén cabe sinalar que a maioría da xente ven en parella ou en familias de 3 ou 4 membros, pero cada vez veñen máis grupos organizados de entre 7 e 10 persoas nun rango de idade que oscila entre os 30 e os 50 anos”.
Fernando Suárez engadiu que “moita desta xente que ven amosa o seu interese pola praia das Catedrais e non teñen nada claro cal será o organismo encargado da regulación, no caso de que se chegue a limitar, como se levará adiante ou mesmo cando vai entrar en vigor”.
O rexedor tamén se referiu á hostalaría e á ocupación hoteleira: “despois de facer un sondeo nestas últimas horas estimamos que a ocupación hoteleira dos días máis sinalados da Semana Santa rondou o 100% e o resto a media estivo entre o 80 e o 85%. En xeral os nosos hostaleiros están moi contentos cos resultados, incluso aqueles que teñen restaurantes mostráronse moi satisfeitos de cómo discorreu esta Semana Santa. Este binomio, entre Concello e sector servizos, segue funcionando moi ben, seguimos compenetrándonos moi ben, seguimos exhibindo músculo, e tamén de todo isto no que ten que ver coa praia das Catedrais, que é un reclamo turístico de primeira magnitude que se foi revelando nos últimos tempos como tal, debemos sacar unha lección”.
E explicou: “Ribadeo ten que ser o lugar desde onde pivote toda a acción de xestión dos fluxos dos milleiros de persoas que veñen visitar esta nosa praia durante todo o ano e especialmente nas tempadas altas, porque sería impensable para os nosos hostaleiros, para os nosos hoteis, etc, que permitísemos que todo este fluxo de visitantes pase a xestionarse desde lugares que o único que pretenden é diluír e disociar As Catedrais de Ribadeo. Unha cousa é certa: As Catedrais están en Galicia, claro que sí, As Catedrais están na Mariña, por suposto, pero As Catedrais están en Ribadeo, e Ribadeo debe ser o eixo sobre o que pivote toda a política de xestión dos fluxos turísticos polo ben de Ribadeo, polo ben da conservación do areal e polo ben do noso sector servizos, da hostalería…”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



